Ponteareas
A Xunta segue a espera da cesión dos terreos polo Concello de Ponteareas para o novo centro de saúde
"A representante do BNG de Ponteareas, tras meses sen ceder os terreos para o novo centro de saúde, recorre ao alarmismo cidadá atacando unha vez máis ao servizo galego de saúde" aseguran dende o PP
Desde a Consellería de Sanidade lévanse tomado importantes medidas das que se beneficia o centro de saúde de Ponteareas, como a aprobación dunha lei pola que se poden convocar prazas fixas de médicos a través dun proceso moi áxil que non require a realización dun exame de aceso. Esta nova lei permitiu no ano pasado cubrir 3 prazas vacantes de médico de familia e neste ano permitirá cubrir 1 praza de médico de familia e 2 pediatras.
"O grave problema de falta de profesionais sanitarios, especialmente de médicos de familia, que está sufrindo o SERGAS afecta ao conxunto de todo o estado español. Por iso, desde a Xunta de Galicia lévase mais de 4 anos pedindo ao Goberno de España que tome medidas urxentes que permitan incrementar a oferta de prazas de formación de médicos de atención primaria" explican dende o Partido Popular de Ponteareas.
A nova lei da Xunta de Galicia foi rexeitada polo BNG, e a candidata do mesmo partido de Ponteareas parece estar de acordo con ese rexeitamento. A maiores, Cristiña Fernández e o seu equipo, votaron en contra fai escasos mesos no Pleno do Concello a unha petición realizada polo grupo municipal do PP, na que se face a petición á Xunta de Galicia de engadir o maior número de prazas posibles de médico para o centro de saúde de Ponteareas.
É dicir, a candidata do BNG de Ponteareas e actual alcaldesa en funcións non apoiou a cobertura das prazas no noso centro de saúde. Por iso queremos destacar que o BNG di unha cousa na opinión pública, pero nos órganos de decisión vota o contrario. “Non vaia ser que os postos de pediatría se ocupen, que os postos de médico se cubran, que os tempos de atención melloren e que a Sra. Cristiña Fernández se lle acabe o discurso”.
Esta é a liña política é o modus operandi habitual do BNG e da candidata, e tamén é unha das razons que explica a importante perda de apoios nas urnas o pasado 28M. O que ten que facer é autocrítica da sua xestion, deixar de utilizar a xestión da Xunta desde o Concello e centrarse en preparar o traspaso de poderes do día 17.
A nós non nos atoparán nese xogo, polo que continuaremos traballando dende o Concello de Ponteareas para tratar de mellorar esta situación desde as nosas competencias, como é a inminente posta a disposición da Xunta de Galicia os terreos para a construción dun novo centro de saúde que permita mellorar as condicións de traballo d@s profesionais, con máis salas para persoal sanitario e poder así facer máis atractivas esas prazas para os médicos de familia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149