Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 05 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
As Neves

A Xunta recibe 7 ofertas para executar a mellora do firme na PO-400

Ao paso polos concellos de Arbo, As Neves e Crecente e que suporá un investimento de preto de 3,3 M€

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu 7 ofertas de empresas para executar a mellora do firme na estrada autonómica PO-400 ao paso polos concellos de Arbo, As Neves e Crecente, que suporá un investimento de preto de 3,3 M€.

 

O obxectivo deste contrato é a renovación do firme da calzada nalgúns treitos da PO-400, entre os puntos quilométricos 8+700 e 12+660, ao seu paso polo concello das Neves; do 12+660 ao 17+800 e do 19+300 ao 24+800, en Arbo; e do 24+800 ao 28+000, en Crecente.

 

As obras, cun prazo de execución de 9 meses, consistirán no fresado e reposición do firme das zonas localizadas que se atopen deterioradas e no recrecido nalgúns treitos.

 

Tamén se levará a cabo o acondicionamento das interseccións arredor dos quilómetros 13+900 e 17+500, coa incorporación dun carril central para facilitar os desvíos.

 

Acometerase, ademais, a reparación puntual da sección transversal en distintos puntos para mellorar a capacidade de drenaxe.

 

Por último, procederase á reposición das marcas viarias, símbolos e cebreados en todo o treito da actuación e á colocación de captafaros

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.