Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 06 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Formalizada a doazón de terreos para ampliación do centro cultural de Mosende

Nestes terreos construirase unha sala multiusos anexa de arredor de 320 m e un almacén para material de ensaio, ademais de acondicionar a contorna e construír un parque infantil e un novo aparcamento

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o presidente da Asociación de Veciños de San Xurxo de Mosende, Ángel Lago, asinaron esta semana o convenio de doazón de terreos entre ambas entidades para a execución de obras de ampliación do Cento Cultural de Mosende e o acondicionamento da súa contorna.


En virtude do mesmo, o Concello comprométese á executar nun prazo de catro anos as obras que consistirán na construción dunha sala multiusos de aproximadamente 320 m2 destinados a sala de concertos ou celebración de eventos, un almacén para material de ensaio, para uso e disfrute da veciñanza da parroquia, así como o acondicionamento da súa contorna mediante a construción dun parque infantil e un aparcamento.


“As instalacións das que dispoñen na actualidade en Mosende son insuficientes para as necesidades que presenta a parroquia”, salientou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Coa ampliación do centro cultural atendemos unha antiga e xustificada demanda da veciñanza, proporcionando un espazo acaído para o desenvolvemento das actividades culturais e veciñais da parroquia, ademais de acondicionar a contorna para uso e disfrute de todas e todos”.


Lorenzo agradeceu a disposición da asociación de veciños a axilizar os trámites precisos para levar a cabo este proxecto e a doazón destes terreos da súa titularidade polo interese da veciñanza da parroquia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.