VIGO
O éxito da FP dual en Industrias Alimentarias impulsa un novo proxecto no CIFP Manuel Antonio
Colaboran con empresas tractoras do Sector Mar-Industria
No ano 2020 a empresa Pescanova apostou pola formación dual asinando convenio co CIFP Manuel Antonio coa primeira promoción do ciclo Elaboración de Produtos Alimentarios. Nos seguintes anos fóronse unindo empresas tractoras como Mascato-Salvaterra, Takopesca e Alfrio-PROCSA. Todas estas empresas repiten experiencia formalizando un novo convenio para os vindeiros cursos.
Ademais deste ciclo, na familia de Industrias Alimentarias no CIFP Manuel Antonio tamén se imparte o ciclo de Panadaría, Repostaría e Confeitaría, en modalidade ordinario, con moita demanda tanto por parte das empresas como do alumnado.
Espérase a implantación do ciclo superior de Calidade e Procesos na Industria Alimentaria con gran interese para as empresas debido á alta demanda deste perfil profesional (encargados de produción, xefe de liña, encargado da xestión de seguridade alimentaria, encargado de innovación alimentaria,...)
Ademais da formación curricular, o alumnado de industrias alimentarias tamén participa no devesenvolvemento de proxectos dentro do marco da FP Innova, un deles é o proxecto #VeggieVending “Desenvolvemento dunha gama de produtos saudábeis de concepto vegano para distribución en puntos de vending en centros escolares e outros puntos de venda”. Neste proxecto participaron empresas punteiras como Calabizo, Delikia Fresh e Tastelab e tamén contaron coa colaboración de ANFACO-CECOPESCA. Hoxe presentan os prototipos dos produtos desenvolvidos no prexecto.
Dende o século XVIII Vigo é referente mundial no Sector da Industria de Conservación de Produtos da Pesca, circunstancia que permanece na actualidade e polo que sigue sendo unha zona importante de establecemento de industrias alimentarias. Estas empresas precisan persoal cualificado e o CIFP Manuel Antonio ocupa unha posición privilexiada para poder constituirse como un centro de referencia neste ámbito.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22