GALICIA
Rueda anuncia a posta en marcha en xullo do Programa Xacobeo Xove
O obxectivo do programa é fomentar as rutas xacobeas como experiencia turística para a xuventude galega
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou esta semana a posta en marcha en xullo do programa Xacobeo Xove que ofrecerá descontos de ata 200 euros como máximo á mocidade galega para cubrir gastos en aloxamento e manuntención en establecementos turísticos do Camiño, co obxecto de fomentar as rutas xacobas entre as novas xeracións.
Rueda puxo en valor que o Camiño é unha experiencia que atrae a xente de calquera idade e, como mostra, apuntou a que, segundo os datos das compostelas que manexa na actualidade a Oficina do Peregrino “un terzo dos camiñantes que chegan a Compostela teñen menos de 30 anos”. Por iso, defendeu estes paquetes -que serán ofertados exclusivamente a través de axencias de viaxes- para “animar a máis mozos e mozas a desfrutar da experiencia única que supón percorrer a ruta xacobea”.
Para iso, o Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o proxecto de acordo que autoriza a subscrición do convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Conselleria de Política Social e Xuventude, a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia, a Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia, a Asociación de Turoperadores receptivos de Galicia e a Asociación Provincial de Axencias de Viaxes de Pontevedra.
Rueda precisou que o Xacobeo Xove vai dirixido aos mozos e mozas que teñan o Carné Xove -é dicir, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos- e serán comercializados polas axencias de viaxes minoristas e incluirán un prezo especial cun desconto de 200 euros sobre o seu custo total, “co que se cubriría entre o 40 % e o 50 % destes gastos”, calculou o mandatario galego.
O presidente da Xunta indicou que a esta campaña, que terá vixencia ata o 31 de decembro, destínanse un millón de euros, polo que adiantou que “o obxectivo é que chegue a uns 5.000 mozos e mozas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.111