O PORRIÑO
Coidados Porta a Porta atendeu xa a máis de 130 maiores no Porriño
A unidade móbil deste servizo sociosanitario chega por terceira vez á vila para prestar atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores
O programa de Coidados porta a porta, que achega á veciñanza atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria, está de novo no Porriño.
A unidade móbil estivo aparcada nas inmediacións do Pavillón Municipal o venres e voltará o luns para atender aos veciños. Esta é a terceira parada que Coidados porta a porta fai na vila. Nas dúas anteriores, que tiveron lugar nos meses de maior e novembro do ano pasado, recibiron atención máis de 130 maiores do Porriño.
Esta semana o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou O Porriño e xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, valoraron cos profesionais que atenden no servizo o desenvolvemento do mesmo, e destacou a importancia que ten este programa para achegar servizos sociosanitarios ao carón dos fogares das persoas maiores, vivan onde vivan. Desta maneira evítase que teñan que facer longos desprazamentos para recibir estes coidados e ese lles facilita que poidan seguir vivindo na súa contorna.
O rexedor destacou a importancia de poñer á disposición dos maiores todas as ferramentas que estean ao alcance do Concello para mellorar a súa calidade de vida.
Para acceder ás consultas deste programa soamente é necesario solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129