GALICIA
A Agasp aborda unha xornada a Lei de protección integral da liberdade sexual
Máis de 200 persoas asisten á sesión, na que interveñen a maxistrada Belén Rubido e a fiscal María Rey
A Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) abordou onte nunha xornada a Lei de protección integral da liberdade sexual, coa participación da maxistrada do xulgado do Penal número 4 de Pontevedra Belén Rubido e da fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra María Rey. O encontro ttivo unha asistencia de máis de 200 persoas.
A sesión ábríase cunha mesa redonda na que ambas relatoras analizarán a nova normativa. A continuación, María Rey afondaba na agresión sexual desde a Lei de protección integral da liberdade sexual, e Belén Rubido centrarase na agresión sexual a menores de 16 anos. O puxo o unha mesa redonda sobre as disposicións comúns e novos tipos delictivos.
Dirixida a persoal das forzas e corpos de seguridade, así como do eido xurídico, xornada enmárcase na programación formativa da Academia Galega de Seguridade Pública para 2023, que ten entre as súas prioridades incidir no tratamento con colectivos vulnerables para dotar os profesionais que participan nestas intervencións dos recursos e das habilidades precisas.
Nesta liña de acción, o calendario da formación continua deste ano para as forzas e corpos de seguridade inclúe cursos sobre tratamento policial dos menores que cometen delitos penais, protección de menores vítimas de infracción penais, menores e internet, redes sociais e adolescencia, tratamento a menores vítimas de violencia sexual e prevención do acoso escolar, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102