Viernes, 05 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 16 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Sole Castro amadriña unha carreira a prol da Igualdade organizada polo CEIP Mestre Martínez Alonso

Celebrouseesta semana no Pazo de Mos con 325 participantes co mesmo dorsal: o 261. Número que usaba a atleta homenaxeada e primeira muller en correr unha maratón, Kathrine Switzer

Desde o Club de Igualdade do colexio CEIP Mestre Martínez Alonso, de Castro-Mos organizaron onte unha carreira popular simbólica coa gran atleta mosense da parroquia de Dornelas, Soledad Castro, como madriña de Honra.

 

[Img #82583]

 


O evento deportivo foi o resultado de todo o traballo realizado ao rededor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no que o alumnado do colexio mosense descobreu á muller que correu a primeira maratón.


Foi un proxecto que aos cativos e cativas lles encantou, segundo declarou a mesta do CEIP, Alba Alonso.


A muller protagonista desta iniciativa é Kathrine Switzer, corredora cunha historia súper interesante, que levaba o dorsal 261 nas probas deportivas. Na carreira de onte os participantes usaron o dorsal que ela levaba, o 261 polo tanto tamén.


En total participaron na actividade de onte celebrada na contorna do Pazo de Mos 325 persoas, entre alumnado e profesorado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.