GALICIA
A Xunta buscará a reinserción laboral dos 303 traballadores de Alu Ibérica despedidos en 2022
Resalta que o obxectivo é que as persoas afectadas “atopen un novo posto de traballo ou emprendan un negocio”
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou esta semana de que o Consello deu o visto e prace á sinatura dun convenio entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e axentes sociais e económicos -Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), UGT, CCOO Galicia e a Federación de Industria da CIG- para a posta en marcha do proxecto FEAG-Empregal co obxectivo de “facilitar a reinserción laboral das 303 persoas afectadas polos despidos de Alu Ibérica en 2022.
Rueda lembrou que a industria electrointensiva “foi un dos sectores máis afectados nos últimos anos pola suba dos costes enerxéticos”, o que sumado a outros factores, derivou en peches ou despedimentos de traballadores. No caso da fábrica coruñesa, o presidente resaltou que a idade media dos afectados “é de 43 anos”.
O proxecto contará cunha financiación de 1,5 millóns de euros, dos que 1.275.000 procederán do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG), grazas á iniciativa promovida ante a Unión Europea pola comunidade galega, e o resto será aportado pola Xunta de Galicia. O obxectivo, como resaltou Rueda, é que estes desempregados “atopen un traballo ou emprendan o seu propio negocio”.
A través de apoios á procura de emprego, orientación profesional, formación e reciclaxe profesional, ou promoción do autoemprego, o Goberno galego perseguirá a inserción laboral efectiva dos participantes no proxecto. A idea é crear recursos de fomento da inserción laboral orientados de xeito específico ás problemáticas das persoas despedidas, nunha aposta pola personalización e para asegurar a inserción do maior número de persoas posibles tanto dentro como fóra do sector do aluminio.
A posta en marcha desta medida foi consensuada polo Goberno galego e os axentes sociais que deseñaron un programa que se desenvolverá ata o 10 de maio de 2025 e avoga pola cualificación en competencias clave e outros coñecementos para atopar un novo emprego, entre os que se contan as capacidades informáticas, operacións e loxística de almacéns e novas técnicas de soldadura, entre outras.
Para animar á involucración das 303 persoas despedidas, a Xunta de Galicia artellou un mecanismo de incentivos cos que apoiará a participación (máximo 400 euros por persoa) e outorgará becas de desprazamento (máximo 340 euros por curso formativo) e, de ser preciso, de conciliación (ata 1.200 euros).
O programa prevé, a maiores, unha achega de 200 euros ao mes, durante seis meses (máximo 1.200 euros), para as persoas participantes en FEAG-Empregal consigan unha reincorporación áxil ao mercado, ben por conta propia ou allea. A través deste incentivo trátase de motivar a estes traballadores para a procura activa dun novo posto de traballo.
Non é a primeira vez que o Goberno autonómico recorre ao FEAG para reactivar sectores clave da súa economía. En dúas ocasións, en 2012 e 2020, celebráronse cadanseus programas Empreganav para favorecer a recolocación de persoas procedentes do sector naval en momentos de crise con resultados exitosos e unha inserción aproximada do 70% en ambas as dúas convocatorias. Tamén persoal procedente do sector téxtil foi obxecto en 2009 e 2017 dos proxectos FEAG Empregatex e Galitex, que favoreceron a recolocación do 45% e do 51% das persoas que tomaron parte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169