PONTEAREAS
Andrés Sampedro (PP) concorre nas listas para o Senado nas eleccións xerais do 23 X
Os populares de Ponteareas mostran a súa alegría ao coñecer a noticia, e aseguran que lle desexan o mellor nesta nova etapa
O próximo 23 de xullo están convocadas eleccións xerais ao Senado de España e xa son públicas as listas das persoas que aspiran a formar parte da Cámara Alta das Cortes Xerais.
O actual concelleiro do Partido Popular de Ponteareas, Andrés Sampedro, concorre como segundo suplente de Pepa Pardo nas listas ao Senado pola provincia de Pontevedra. “Síntome orgulloso e agradecido de que o partido pensara en min para formar parte da candidatura ao Senado nas eleccións xerais deste ano”, comenta o propio Sampedro.
“Para min é unha honra e unha responsabilidade absoluta poder acompañar ao Partido Popular nas listas ao Senado”. Non é a primeira vez que Sampedro concorre nunhas listas ás eleccións xerais, “hai xa 5 anos, iba na lista ao Congreso dos Deputados” asegura o edil popular, quen afirma tamén levar 16 anos exercendo na política municipal.
Nava Castro afirma que “para min é un orgullo saber que un ponteareán, compañeiro e traballador incansable como é Andrés poida formar parte das listas ao Senado de España”. “Todos e todas as do equipo estamos moi contentos desta decisión e desexámoslle o mellor nesta nova etapa”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149