GALICIA
A Xunta incrementou nun 24% a ao servizo de axuda no fogar
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, respondeu a unha interpelación sobre esta prestación de atención á dependencia
A Xunta incrementou nun 24% a achega autonómica ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) durante esta lexislatura. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, respondeu esta semana a unha interpelación sobre esta prestación no Pleno do Parlamento galego, onde destacou que o Goberno galego financia o 70% deste servizo de competencia municipal.
A conselleira lembrou que os orzamentos da Xunta para este ano 2023 adiantan nun ano o acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para incrementar a aportación autonómica a este servizo ata os 12 euros a hora. Deste xeito, o Goberno galego pasará dos 9,7 euros hora que destinaba no ano 2020 aos 12 euros hora xa neste ano.
Fabiola García apuntou que o investimento do Goberno galego bate todos os récords durante este ano ao superar os 112 millóns de euros, un 10% máis que o pasado ano e 100 millóns máis que no ano 2009. Un incremento que fixo posible este aumento do prezo hora, pero tamén mellorar o servizo ao sumar máis horas dispoñibles para o uso dos concellos.
26.000 usuarios
Así mesmo, fixo fincapé en que Galicia segue a ser unha comunidade líder no Servizo de Axuda no Fogar. Unha axuda da que, sinalou, se benefician nestes momentos 26.000 persoas con dependencia recoñecida e que permite ofrecerlle ás persoas maiores ou con discapacidade liberdade para seguir vivindo nas súas casas ao tempo que están atendidas.
Por outro lado, a conselleira afirmou que Galicia é das poucas comunidades de todo o Estado que permite compaxinar as axudas do SAF con outras prestacións que complementen a súa atención. Neste sentido, enumerou que as persoas que se benefician deste servizo poden acudir a un centro de día ou casa do maior, contar co servizo de Teleasistencia e acudir tamén o programa de Coidados porta a porta, que leva atención gratuíta de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria por toda Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169