Salceda de Caselas - ELECCIONES 28-M
O BNG e o PSdeG-PSOE de Salceda acadan un acordo para o apoio á investidura de Movemento Salceda.
    
        As organizacións políticas BNG e PSdeG-PSOE de Salceda pecharon no día de hoxe un acordo conxunto “atendendo ao resultado electoral do 28 de maio, para garantir a investidura na alcaldía que represente unha maioría social da cidadanía”.
 
“Antepoñendo en todo momento que na xestión municipal debe poñerse por diante os intereses xerais da veciñanza, para buscar solucións no eido social e realizar un control financeiro dando cumprimento ao plan de axuste actual ao que se acaba de acoller voluntariamente o concello de Salceda” sinalan.
 
O documento recolle unha serie de “demandas para dar resposta ás necesidades básicas que as dúas formacións políticas, PSdeG-PSOE e BNG consideran imprescindibles para a veciñanza de Salceda os próximos catro anos”. Esixen tamén “transparencia e comisións de seguimento para poder exercer un control e fiscalización exhaustivo.”
 
En relación co obxectivo “indispensable” de mellorar a situación económica esixirán “o cumprimento do plan de axuste, para non reverter a situación acadada tras a sinatura do mesmo”. Impulsando ademais “medidas de boas prácticas para a xestión económica do concello de Salceda como os contratos anuais de servizos e subministracións baixo criterios de sustentabilidade e economía para facer máis eficiente a xestión municipal”.
 
Resaltan ambas formacións políticas na “necesidade de impulsar solucións para mellorar a situación da sanidade, con especial fincapé na situación da pediatría. Así como a continua mellora dos centros educativos e a execución de saneamento. Sen esquecer a necesidade de esixir a construción de vivenda protexida nos terreos habilitados para ese fin”.
 
Tamén no documento recóllese a “elaboración do Plan Xeral realizado entre todas as organizacións políticas que forman parte da corporación e contando coa participación veciñal”.  
 
Para garantir a investidura tamén se inclúe no documento a “continuación dos procesos de contratación e estabilización de persoal municipal”.
 
Dende a dirección local de ambos partidos considérase que este acordo é unha mostra da “capacidade de diálogo e entendemento das dúas formacións que antepoñen o benestar de veciñanza a calquera outro interese”.
 
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159