MONDARIZ BALNEARIO
O BNG de Mondariz e Mondariz-Balneario marca a axenda política para o próximo mandato
Co BNG na Alcaldía de Mondariz-Balneario a partir deste 17 de xuño, os dous concellos teñen a oportunidade de avanzar na resolución do problema da depuración de augas residuais
Esta semana, representantes do BNG de Mondariz e Mondariz-Balneario mantiveron unha xuntanza na súa sede para valorar a nova etapa que se presenta, coa chegada do nacionalista César Gil á Alcaldía de Mondariz-Balneario despois de catro décadas de maioría absoluta de José Antonio Lorenzo, e a oportunidade que supón este histórico cambio político para avanzar na estratexia de colaboración intermunicipal e solucionar definitivamente os problemas da depuración de augas residuais.
O encontro entre Xosé Emilio Barros, César Gil e outros representantes do BNG de Mondariz e Mondariz-Balneario serviu para repasar a folla de ruta que comparte a formación política nos dous concellos. Do mesmo saíu a proposta de establecer un grupo de coordinación que se reúna periodicamente para establecer os criterios e as prioridades na acción e na relación entre as dúas localidades.
En relación coa EDAR instalada en Mondariz-Balneario, que desde a súa inauguración hai máis de 15 anos só dá servizo a 500 habitantes de Mondariz, cando estaba pensada para atender as necesidades de 6.000 habitantes equivalentes, analizáronse polo miúdo os avances acadados entre os anos 2019 e 2023, co BNG na Alcaldía de Mondariz. Neste último mandato realizouse un intenso labor de control que puxo de manifesto a existencia de erros nas liquidacións enviadas por Mondariz-Balneario, así como nalgúns pagamentos efectuados por Mondariz. Tamén se concluíu a necesidade urxente de tramitar un novo marco xurídico sobre este e outros servizos que deberían ser compartidos entre os dous concellos veciños para unha maior eficiencia na xestión, tanto os actuais (EDAR, punto limpo e gardería infantil) como os que se valoran nun futuro (recollida e reciclaxe de residuos, policía, cultura, orientación laboral,...).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129