Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 18 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
BAIONA

A Deputación aborda a mellora da seguridade viaria na EP-2703 entre Pazos de Borbén e Ponteareas

A actuación ten un orzamento de case 800.000 euros e prevé a reposición do firme nun treito de 11,3 quilómetros que abrangue a maior parte do trazado da estrada

A Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde ao expediente para contratar as obras de seguridade viaria na EP-2703 Pazos de Borbén-Ponteareas que se desenvolverán nun treito de 11,3 quilómetros dos 14,8 que ten esta estrada, ao seu paso por ambos concellos. Nesta actuación a institución provincial investirá case 800.000 euros (789.520€) para abordar a reposición do firme, a fin de salvagardar a debida prestación do servizo público viario e de mellorar a seguridade viaria.

 

A reparación da estrada incluirá traballos de fresado e de reposición do firme, así como a mellora da drenaxe da calzada e a execución dunha cuneta tendida nun dos tramos, amais da instalación de sistemas de contención de vehículos (vallas de protección) para garantir a seguridade viaria. As obras completaranse coa renovación da sinalización horizontal.

 

Nesta estrada tense actuado xa mellorando a mobilidade peonil e reforzo do firme noutro tramo de máis de dous quilómetros, cun orzamento de 580.169€. Neste caso as obras incluíron accións de limpeza, roce e demolición e mellora da drenaxe. Tamén se realizaron movementos de terra e estruturas de contención necesarias para ampliar a sección así como a redistribución de espazos na calzada e a execución de disipadores de velocidade. Por último, creáronse espazos de convivencia e reinstaláronse os sinais do viario.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.