Jueves, 30 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 16 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

“Habitarme”, o espectáculo de danza e teatro chega a Salceda

Interpretado por persoas con diversidade funcional poderá desfrutarse este domingo, 18 de xuño, ás 20.00 horas no Auditorio Municipal da vila

O espectáculo de danza e teatro “HabitarMe”, promovido pola Deputación e a Fundación Igualarte, que desde o ano 2002 traballa para que as persoas con diversidade funcional poidan expresarse de maneira artística, chega este domingo, 18 de xuño, a Salceda de Caselas. Persoas da entidade que integral Al Lío, a compañía teatral ao abeiro da fundación, interpretarán este espectáculo ás 20.00 horas no Auditorio Municipal da vila. A entrada é libre ata completar o aforo.

 

Al Lío é unha compañía de teatro, danza e expresión corporal que cuestiona a relación entre o corpo e a mente a través de historias da vida cotiá dende unha perspectiva feminista. Neste proxecto as súas integrantes interpretan “HabitarMe”, unha peza de danza-teatro que trata sobre mulleres diversas, ben habitadas, que fan, que cuestionan, que están incómodas, que optan por moverse da seguridade do preestablecido porque descobren que hai outras formas que as definen. A obra fala da dialéctica do non parar, non pensar, non sentir e de súpeto un crack, unha pausa, un alento máis longo do habitual, onde nacen as ganas. Dirixida por María Romano, a peza será interpretada por Helena Cuber, Eva García, Vanesa Lea e Carmen Gómez.

 

Tralo paso por Salceda este domingo, e por  Bueu e Cambados a fin de semana pasada, “HabitarMe” continuará de xira ata o 25 de xuño percorrendo os concellos de Gondomar e Redondela. O sábado 24 chegará ao Auditorio Luis Tobío de Gondomar, tamén ás 20.00 horas, e o ciclo pecharase en Redondela o domingo 25, coa función no Auditorio Multiusos da Xunqueira ás 19.00 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.