Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 20:52:45 horas

Xornal21.es
Martes, 20 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Graduación do alumnado do IES Antón Alonso Ríos

75 alumnas e alumnos de Bacharelato e Ciclos despedíronse desta etapa educativa nun Espazo Fortaleza ateigado de público

Tarde de música, risas e algunha que outra bágoa na graduación dos 75 alumnos e alumnas de Bacharelato e dos ciclos medios de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e de Instalacións de Telecomunicacións do IES Antón Alonso Ríos, que o pasado venres despediron esta etapa educativa vestidos de etiqueta e ante un Espazo Fortaleza de Goián ateigado de público.


Ante centos de persoas entre familiares, amigos, profesorado e autoridades, rapazas e rapaces amosaron o seu talento, emotividade e simpatía nun acto de gran tradición, alegría e beleza. Foron unhas horas cheas de emocións para as que todo o alumnado preparou nos últimos días actuacións, decorados e discursos cos que poñer o broche de ouro ao seu paso polo centro.   


A alcaldesa, Sandra González, quixo dar os parabéns a todas as mozas e mozos “non só por acadar este importante logro educativo, senón por ser capaces de encher este espazo máxico ao aire libre. Porque non hai auditorio pechado que poida acoller a tanta xente como a que está aquí acompañándovos a todos e todas no peche dunha etapa”. “O noso municipio está cheo de rapaces e rapazas prometedores que de seguro construirán un futuro brillante”, resaltou a rexedora durante o acto que comezou coa intervención da directora do centro, Cruz Garrido, e que tamén contou coa presenza da concelleira Cristina Martínez.


Na gala tamén se quixo poñer en valor o traballo realizado nos últimos cursos pola directiva da ANPA Solleiro, renovada neste curso. Unha tarde na que o alumnado dirixiu un programa cargado de actuacións musicais e de danza, discursos de profesorado e alumnado, entregas de premios, diplomas e bandas de graduación coas que deleitaron a todo o público.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.