REDONDELA
O balonmán solidario triunfa en Redondela
O Concello de Redondela mostra a súa satisfacción polo éxto doi I Torneo de Veteranas de Redondela organizado pola equipa “Sarillas” da SAR en colaboración coa Concellería de Deportes. O evento, celebrado o pasado sábado 17 de xuño era de carácter solidario coa ontención de recadar fondos para a asociación Agaela.
Parciparon máis de 100 xogadoras de Sevilla, Asturias, Valladolid, Portugal e Galicia nunha xornada - de 9:00h a 21:00 h- na que xogaron partidos de 30 minutos e na que a equipa vencedora foi Ferrolterra. O pavillón foi enchéndose de familiares das 100 xogadoras participantes e de afeccionados do balonmán que se achegaron a ver xogar ás veteranas e participar na causa solidaria. Conseguíronse recadar 1.228 euros a través da venda de rifas que se destinará integramente á Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica.
As Sarillas fan un balance moi positivo da experiencia que estivo chea de sorpresas. Durante os descansos dos partidos fíxose o sorteo das rifas repartindo case 50 agasallos doados polo comercio local. Os gañadores e gañadoras recibiron dende cestas de froita a material deportivo, cupóns para peiteados ou accesorios de xoiería. Ademais, o Concello ofreceu bolsas e camisetas serigrafiadas para a ocasión que entrearon a todas as xogadoras.
Tamén houbo momento para poñer en valor a tradición e ensinar parte da nosa cultura ás equipas de fóra de Galicia. O grupo de baile e gaitas Airiños de San Simón amenizou o evento percorrendo a pista da Bomboneira e ofrecendo música no exterior do pavillón durante o intermedio. A Coca Simona estivo presente como mascota oficial do torneo e tanto as xogadoras como o público pedíronlle fotografías para enmarcar o recordo.
As integrantes da equipa Sarillas dan as gracias ao comercio local, ao corpo técnico e a directiva da SAR Rodavigo, á Federación e o Concello de Redondela por facer posible o torneo e “axudar dende o primeiro momento”. Tralo éxito de participación esperan poder volver a celebralo o ano que vén.
A alcaldesa Digna Rivas, presente no torneo xunto co Concelleiro de Deportes, quixo tamén agradecer “a estas mulleres bravas e fortes que levan máis dunha década adestrando xuntas e que conseguiron relevancia internacional suficiente como para chegar a facer un torneo desta maginitude. Todo un logro que queremos recoñecer. Este tipo de relacións entre o municipio e o resto de españa supoñen un beneficio en moitos sentidos para Redondela”.
CLASIFICACIÓN
1. Ferrolterra
2. Siero
3. Valladolid
4. Sevilla
5. Sarillas
6. Baltar

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235