VIGO
Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral
Para o Dr. Cabezas, este acordo “é ilusionante, un orgullo, é o inicio dunha viaxe" que imos facer xuntos dende Vithas e a Asociación Down Vigo
O Hospital Vithas Vigo e a Asociación Down Vigo asinaron un convenio que permitirá que as persoas que acudan ao Servizo de Emprego con Apoio da entidade poidan realizar prácticas no Hospital Vithas Vigo.
Para o director xerente de Vithas Vigo, Dr. Ciro Cabezas, leste é “o inicio dunha viaxe que imos establecer xuntos”; mentres que o presidente de Down Vigo, José Manuel García Orois, avoga por promover a autonomía persoal das persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual e “aproveitar as capacidades da xente” xa que “hai moitas persoas na nosa asociación que son perfectamente capaces de desenvolver moitos traballos”.
Así, durante os meses de xuño e xullo deste ano, dúas persoas usuarias de Down Vigo realizarán prácticas formativas en tarefas administrativas do Hospital Vithas Vigo coa intención de que profunden na súa “aprendizaxe necesaria para alcanzar o nivel de formación necesario, así como facilitarlle a adquisición das habilidades sociolaborais necesarias”.
Para Vithas, este acordo forma parte do “compromiso coa responsabilidade social que se reflicte na nosa estratexia corporativa de sustentabilidade empresarial; e traballamos para levar ese compromiso aos colectivos máis vulnerables”. Nesta liña, o xerente de Vithas Vigo asegurou que a integración laboral implica, tamén, unha integración social.
Pola súa banda, o presidente de Down Vigo, José Manuel García Orois, asegurou que este acordo é “importante” para a asociación, cuxo servizo de Emprego con Apoio acaba de cumprir 20 anos. Actualmente, hai máis de 80 persoas rexistradas neste servizo das que máis de 70 están empregadas. “Conseguimos insercións moi exitosas, tentando aproveitar as capacidades que cada un ten”. “Hai bastantes mozos e mozas con contrato indefinido”, asegurou.
Para José María García, “cada vez atopamos mellor acollida por parte das empresas nas actividades de inserción de xente con capacidades diferentes”, xa que “non se trata de ofrecer dunha maneira máis ou menos altruísta un posto de traballo a alguén que o necesita, que tamén; senón de tentar aproveitar as capacidades da xente”.
“Hai moita xente na nosa asociación que son perfectamente capaces de desenvolver moitos traballos e que queren o traballo como algo realmente importante á hora de conseguir a autonomía persoal”, apuntou antes de lembrar que o lema da asociación defínea como “un centro para a promoción da autonomía persoal e do que se trata é de conseguir persoas autónomas capaces integradas na sociedade e esta axuda é do máximo valor”, asegurou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217