Viernes, 05 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 21 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

Camilo Grandal, Leo Costas e Laura Méndez, Tenentes de Alcaldesa no goberno de Arévalo

Nidia Arévalo aposta na distribución de concellerías pola innovación e o fomento da igualdade potencioando o Mos das persoas e do porvir. E para elo crea dúas áreas novidosas e pioneiras no municipio, como son os departamentos de Atención Veciñal e Industria, que dirixirán Laura Méndez e Feli Rodróguez, respectivamente. Confía no home máis novo do goberno, Leo Costas, para levar a área de Igualdade, e por unha muller, Laura Méndez, para coordinar o Mantemento de Zonas Urbanas e Parques e Xardíns.

Para a designación de áreas dos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local celebrarase o vindeiro luns 26 de xuño no Pazo de Mos o Pleno de Organización da Corporación Municipal no que se dará conta da constitución de grupos políticos, integrantes e voceiros.

 

A alcaldesa (que seguirá a levar persoalmente á Policía Local) resolverá no mesmo o nomeamento de Tenentes de Alcaldesa, membros da Xunta  de  Goberno Local e delegacións de competencias. Os Tenentes Alcaldesa son Camilo Grandal Pérez, tamén concelleiro de Obras Públicas; Leo Costas Alonso, tamén ao cargo de Coordinación Xeral e Bo Goberno , Persoal, Igualdade, Patrimonio, Emerxencias e Novas Tecnoloxías (e que asume o papel de voceiro do goberno local). E Laura Méndez Senlle, que asume a nova concellería de Atención Veciñal, así como Medio Ambiente, e Mantemento de Zonas Urbanas e Parques e Xardíns. Pola súa banda Feli Rodríguez Carrera leva as carteiras de Industria, Economía, Facenda e Deportes. Sara Cebreiro Alonso continúa a xestionar os departamentos municipais de Política social e Cultura. Julia Loureiro Campo leva Emprego e Mobilidade, Educación, Mocidade e Participación Cidadá. José Ramilo Hermida asume a coordinación da área de Urbanismo. Evaristo Ucha Rodríguez recibe as carteiras de Alumeado Público e Eficiencia Enerxética. E Baldomero Lorenzo García continúa a levar a área de Servizos Públicos.

 

[Img #82650]

 

Na sesión plenaria que se levará a cabo o vindeiro luns tamén se determinará a periodicidade das sesións do Pleno, que se convocará como se viña facendo ata o de agora mensualmente, o último luns de cada mes ás 10.00 horas da mañá no Pazo de Mos. Pola súa banda, a periodicidade das sesións da Xunta de Goberno Local será semanal.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.