Vigo
Vigo iza as 12 bandeiras azuis nos seus areais (e unha negra)
O alcalde acudiu ao acto do izado da bandeira na praia de Samil. Vigo suma este ano este distintivo no areal do Adro, que garante limpeza, seguridade, servizos e respecto ao medio ambiente. “Somos a cidade con máis bandeiras azuis”, dixo Abel Caballero.
Abel Caballero acudiu ao izado da bandeira azul na praia de Samil. Vigo é a cidade con máis distintivos, concretamente 12, ao sumar un máis que o ano pasado. O goberno local solicitou a adhesión da praia do Adro en Bouzas, que foi recoñecida pola organización coa súa bandeira azul.
ADEAC achega estes distintivos medioambientais ás praias que contan con limpeza, seguridade e distintos servizos para a cidadanía. O alcalde agradeceu a contribución das persoas “cada vez ensuciando menos”. Caballero expresou a importancia de ter as praias atendidas e coidadas: “Seguiremos facendo unha cidade atractiva para o turismo e para os cidadáns e cidadás de Vigo”.
Á praia de Samil súmase o distintivo no areal do Adro por primeira vez. Tamén ondeará a bandeira azul na Punta, Carril, Santa Baia, A Fonte, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón e Rodas. Tamén catro sendeiros azuis como son a Vía Verde, o carreiro do Lagares, a senda dos faros nas Illas Cíes e a senda litoral e do Monte da Guía.
Bandeira negra
Nun novo informe presentado por Ecoloxistas en Acción, outorgáronse un total de 48 "Bandeiras Negras" en todo o territorio español, sendo 6 delas en Galicia, despois de realizar unha inspección exhaustiva de máis de 8,000 quilómetros das costas españolas.
Este informe de 2023, do mesmo xeito que en anos anteriores, sinala as situacións de maior afectación ambiental, aínda que segundo a organización, poderían ser moitas máis as non rexistradas. Aínda que se observan problemáticas similares ás anteriores cada ano, un dos maiores desafíos identificados no informe é a turistificación e urbanización do noso litoral. Ademais, por primeira vez destácase unha problemática non denunciada ata o de agora: a proliferación de praias caninas sen unha avaliación previa de impacto ambiental.
Un caso concreto é o da praia de Calzoa (Vigo), designada como praia canina sen ter en conta o "grave impacto ambiental" que xerou, o que levou a outorgar unha "Bandeira Negra" ao Concello de Vigo. Pasear con cans por contornas naturais converteuse nunha actividade moi popular en todo o mundo, pero tamén expón unha serie de desafíos ambientais que deben abordarse de maneira responsable por parte das autoridades e a sociedade. Numerosos estudos científicos evidencian o alto impacto que ten o paseo de cans na fauna litoral, especialmente nas aves, xa que constitúe o seu hábitat exclusivo de alimentación, descanso e reprodución. Os efectos negativos desta actividade son cuantificables en maior medida que outras formas de molestias analizadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217