Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 23:16:17 horas

Xornal21.es
Jueves, 22 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño tínguese de historia coa feira medieval do IES Antón Alonso Ríos

Alumnado, profesorado e familias organizaron a primeira edición de ‘Feirantes’, un encontro aberto ao público na Praza do Seixo que supuxo a celebración do traballo colectivo

Tomiño tinguiuse de historia, música, espectáculo, gastronomía... e moita ilusión coa primeira edición da feira medieval da comunidade educativa do IES Antón Alonso Ríos, un encontro celebrado este pasado martes e aberto a toda a veciñanza que supuxo o colofón final a un proxecto multidisciplinar que aglutinou o esforzo de todo o alumnado, profesorado e familias do centro.


Baixo o nome de ‘Feirantes’, a Praza do Seixo acolleu unha feira en todo o seu espledor, con espectáculos de música, baile, obradoiros, representacións teatrais, postos de comida, cantares de cego, postos de mercado... Un encontro que contou coa presenza de membros de toda a comunidade educativa, dende profesorado e alumnado a nais e pais, persoal de limpeza, alumnado dos centros educativos de primaria e do Concello.


O IES Antón Alonso Ríos puxo en marcha esta feira co obxectivo de “celebrar o traballo conxunto, o logro colectivo, sumar o esforzo e a ilusión de todas e todos e poñer en marcha algo novo no noso centro e no noso concello. Estamos moi satisfeiras e satisfeitos do resultado e agardamos que sexa a primeira de moitas outras celebracións”.


A alcaldesa, Sandra González, quixo felicitar a alumnado, docentes e familias por “esta impresionante feira medieval, que ten detrás un arduo traballo e dedicación. É incrible o seu entusiasmo para conseguir recrear un ambiente máxico, cheo de cor, música e actividades para toda a veciñanza”.


Dende o IES Antón Alonso Ríos agradeceron ademais a colaboración da ANPA Solleiro e do Concello de Tomiño na feira medieval facilitando o material, o espazo e os medios técnicos precisos para celebrar esta gran festa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.