Sábado, 15 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 22 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP designa aos deputados provinciais do PX de Pontevedra, Tui e Ponteareas

O Partido Popular designou esta mañá aos deputados provinciais nos Partidos Xudiciais de Pontevedra, Tui e Ponteareas. No primeiro caso, os deputados serán o líder do PP na cidade, Rafa Domínguez; o alcalde de Cerdedo-Cotobade e actual voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela; a alcaldesa de Marín, María Ramallo; e a voceira do PP en Cuntis, Isabel Couselo que, no seu caso, compartirá mandato co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, que ocupará o escano os últimos dous anos.

 

[Img #82679]

 

No Partido Xudicial de Tui os deputados provinciais serán os alcaldes do Porriño e da Guarda, Alejandro Lorenzo e Roberto Carrero, que neste caso compartirá escano con Lara Meneses, de Tomiño, mentres que en Ponteareas o deputado tamén rotará, de xeito que os dous primeiros anos de mandato a deputada será Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas, e os dous últimos, Pablo Castillo, alcalde de Covelo.

 

Con estas designacións, que fixeron ao longo desta mañá os concelleiros do Partido Popular nas súas respectivas xuntas electorais, o PP ten practicamente pechado o seu Goberno, á espera de que mañá se designen os tres deputados do Partido Xudicial de Vigo, que un recaerá en Marta Fernández-Tapias.

 

Segundo explica o presidente provincial e próximo presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, estase formando a un equipo cos mellores perfís para ofrecerlle aos pontevedreses o mellor goberno provincial posible. Un goberno que, como indicou hai uns días, centrarase en recuperar a súa eficacia para dar apoio e colaborar con todos os concellos da provincia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.