Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 24 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Alejandro Lorenzo configura o novo goberno con novas áreas

O vindeiro luns ás 9 h celebrarase o pleno de organización no que se dará conta da nova estrutura do executivo local

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, anunciou  a nova estrutura do goberno local e delegacións de competencias.  O rexedor aposta polo proxecto iniciado dende que preside a corporación dando continuidade ao labor que levaron a cabo os concelleiros e concelleiras no último ano , un labor apoiado na experiencia e a xestión que se reforzará coa creación de novas áreas que ampliarán a calidade do servizo que se presta á veciñanza.


“O Porriño afronta grandes retos nos próximos catro anos e para facelo contará cun equipo comprometido, eficaz e cohesionado que traballará de forma transversal para atender as necesidades dos veciños”, explicou o rexedor, “Centraremos a nosa liña de traballo na atención ás persoas e na correcta prestación dos servizos públicos, e para iso creamos novas áreas que reforzan as actuais como a de Participación cidadá e asociacións, Consumo, Migración, Infancia e Promoción e xestión da vivenda”.


Estas novas concellerías traballarán de maneira coordinada coas xa existentes, permitindo ao equipo de goberno dar unha maior resposta ás necesidades que se detectan no eido dos servizos e do social, os dous piares nos que Lorenzo sustenta o seu proxecto para O Porriño.


Asemade, designaranse catro tenencias de alcaldía que corresponderán a Carlos Martínez, Carolina González, Abel Estévez e Antía Carrera.


O rexedor convocou xa o pleno de organización, que se celebrará o luns 26 de xuño ás 9 h.

 


Reparto de áreas

  • Alejandro Lorenzo: Facenda e Persoal
  • Carlos Martínez: Industria, Contratación e Patrimonio
  • Carolina González: Educación, Igualdade e Normalización Lingüística
  • Antía Carrera: Urbanismo, Promoción e xestión da vivenda, Medio Ambiente e Mercados
  • Abel Estévez: Deportes, Servizos Sociais, Seguridade, Policía Local e Protección Civil
  • Ramón Porto: Vías, Obras e Servizos
  • Rosa Isabel Alonso: Comercio, Transparencia, Infancia, UNED e Programas Europeos
  • José Carlos González: Parques e xardíns, Limpeza e Cemiterio
  • Bienvenido Estévez: Cultura, Festas e Novas Tecnoloxías
  • Rosario Costas: Emprego e formación
  • Marcos Martínez: Parroquias, Comunidades de augas e montes e Parques infantís
  • Vanessa Ucha: Turismo, Migración e Mobilidade
  • Antonio Barros: Xuventude, Terceira idade e Participación cidadá
  • Teresa Veloso: Sanidade e Política social
  • Bárbara Troncoso: Atención cidadá e Protocolo
  • Ricarlo Losada: Consumo e Parque móbil

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.