Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 24 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
Nigrán

A "resaca" de San Xoán triplica o lixo nas praias

A celebración na praia recibíu unha auténtica avalancha de persoas, multiplicando por tres a cantidade de lixo xerado e extendéndose a festa por todo o areal

O Concello de Nigrán recibíu na pasada noite de San Xoan unha aglomeración de xente seguramente sen precedentes na Historia do municipio. A coincidencia da festa en venres, as altas temperaturas, o regreso das atraccións e o fin da pandemia multiplicaron por tres a asistencia habitual ao evento, chegando a superarse os 60.000 asistentes distribuídos desde Panxón a Lourido, multiplicándose consecuentemente os desperdicios ata superar as 40 toneladas. O efecto directo foi que tralo éxito rotundo das dúas edicións da campaña medioambiental #SanXoanSenLixo neste 2023 o resultado non foi así de visible. Así, mentras que no 2019 e 2022 os operarios tardaron unha hora en ter o areal completamente limpo, desta vez foron case 4 horas (desde as 06:00 ás 10:00 aproximadamente)

 

[Img #82708]

 

"Temos que ter claro que sen ter realizado desde o Concello a campaña de concienciación 'SanXoanSenLixo' isto sería un vertedoiro absoluto, pero hai que recoñecer que este ano non foi suficiente ante unha afluencia tan masiva, así que tomaremos novas medidas no 2024", recoñeceu o alcalde, Juan González, quen valora acotar o propio areal e sumar iniciativas máis alá das recomendacións (como a de non facer buratos). "A festa extendeuse desde Panxón a Lourido e non chegamos á conciencia do 100% dos asistentes á hora de depositar o lixo nos contedores ou saídas do areal, isto lévanos a reflexionar para vindeiras edicións, sobre todo cando haxa expectativas de afluencia tan masiva", explica. "Cando hai tanta xente, desgraciadamente non é suficiente que o 80% dos asistentes cumplan coas normas", lamenta.

 

[Img #82709]

 

O punto positivo foi que, pese a unha concorrencia desbordante de xente non se produxeron incidentes destacados.

 

[Img #82710]

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.