Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 25 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
Nigrán

González dá responsabilidades aos seus 10 concelleiros

Mantén un organigrama moi similar engadindo novas áreas, como Vivenda ou Accesibilidade

O alcalde de Nigrán, Juan González, determinou a organización política do novo goberno mantendo unha estrutura moi similar á dos pasados catro anos e outorgando responsabilidades aos seus 11 compoñentes á espera de ratificalo nun vindeiro pleno (pendente de convocarse nos vindeiros días).

 

A principal novidade reside en que el asumirá directamente Turismo, Economía e Facenda e delegará Desenvolvemento Sostible (con especial atención ao programa ‘Vía Bici’) a Roberto Garrido, edil de nova incorporación licenciado en Historia e que tamén xestionará Cultura. Pola súa banda, o primeiro teniente de Alcalde, Rubén Rial, repetirá coa súa concellería de Vías e Obras, Servizos Urbanos e Seguridade a sumará a área de Contratación; mentres que Diego García, segundo teniente de Alcalde, engadirá tamén dúas novas áreas, Vivenda e Xestión Municipal, a Urbanismo, Medio Ambiente e Recursos Humanos. “As tenencias de alcaldía son dúas concellerías de moitísimo peso, con persoas que levan no goberno desde 2015, e considero que deste xeito se axustan máis aínda ao seu eido de actuación natural”, explica o rexedor, quen defende a novidade de ‘Vivenda’ como un apartado especialmente relevante “tendo en conta a próxima aprobación do PXOM e a necesidade que ten a xuventude de Nigrán de acceder a vivenda social”. Outro dos cambios é que a edil Cristina Dosil pasará a levar Relacións Veciñais, Xuventude, Festexos Populares e Comercio, carteiras repartidas antes entre diferentes concellalías e que agora concentrará ela soa.

 

Por outra banda, como xa anunciara, as dúas novas ediles Estela Pérez e Sara Penedo, licenciadas en Maxisterio e Ciencias da Actividade Física e o Deporte respectivamente, asumirán áreas relacionadas directamente coa súa formación académica: Penedo Deportes, relevando a Luis Sanromán ao fronte desde 2015; e Pérez, Educación, relevando a Marina Vidal. Ademais, esta última (quen xa fora concelleira co socialista Efrén Juanes como alcalde) xestionará tamén Emprego tendo en conta a especial importancia que a formación ten nesta área e un novo eido, ‘Accesibilidade’, xurdido por vez primeira como un apartado específico no que se concentrará boa parte da política de ‘Un Nigrán para todos’.

 

O resto do goberno mantense moi similar con Bibiana Peixoto sumando a Servizos Socials, Participación Cidadá; María Mayán repetindo con Terceira Idade; Patricia Diego con Igualdade e Voluntariado; e Alfonso Vázquez con Sanidade, Abastos, Mercados e Turismo Social.

 

“A estrutura mantense case igual porque ten demostrado o seu bo funcionamento os pasados catro anos, por iso repetimos cunha ampla maioría absoluta”, explica González, quen presidirá unha corporación formada polos 11 representantes do PSOE no goberno, e na oposición, 5 do PP e 1 do BNG.

 

Pola súa banda, á espera da configuración definitiva da Deputación Provincial, continúan igual as tres dedicacións exclusivas (alcalde e as dúas tenencias de alcaldía) e creanse cinco postos de media dedicación correspondentes a Estela Pérez, Bibiana Peixoto, Cristina Dosil, Patricia Diego e María Mayán.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.