Mos
Adxudicada a humanización da contorna da ermida de San Eleuterio
A intervención proxectada ten como obxectivo converter esta zona nun espazo público no que os peóns teñan prioridade sobre os vehículos
A Xunta de Galicia vén de adxudicar por máis de 786.000 euros a obra para a humanización da contorna da ermida de San Eleuterio, localizada na parroquia de Tameiga, no concello pontevedrés de Mos.
Cómpre lembrar que esta actuación será cofinanciada nun 70% e nun 30%, respectivamente, polo Goberno galego e o Executivo municipal, tal e como se recolle no convenio asinado a tal fin o pasado mes de marzo entre ambas administracións.
Os traballos, que contan cun prazo de execución previsto de seis meses, consistirán na remodelación do entorno da referida ermida a través da dotación de zonas verdes, da renovación completa do mobiliario urbano e da repavimentación do solo. Ademais, a empresa adxudicataria tamén terá que velar pola protección de todos os elementos culturais existentes, como o propio edificio relixioso, o cruceiro ou o peto de ánimas.
En definitiva, o obxectivo principal que se persegue a través desta intervención urbanística é converter a zona nun espazo público de calidade no que se lle dará prioridade aos peóns sobre os vehículos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126