O PORRIÑO
Profesionais da AEMET imparten un curso sobre o cambio climático no Porriño
formación desenvolverase do 5 ao 7 de xullo e contempla un total de 20 horas lectivas (1 crédito ECTS)
A aula UNED do Porriño acolle este verán o curso de extensión universitaria “Efectos do cambio climático en España e a problemática da súa comunicación”, impartido por profesionais da AEMET. A formación desenvolverase do 5 ao 7 de xullo e contempla un total de 20 horas lectivas (1 crédito ECTS).
Nos últimos anos os efectos do cambio climático fixéronse cada vez máis notorios, cun incremento dos fenómenos meteorolóxicos extremos. Trátase dun cambio rápido das condicións climáticas que se deixa sentir nos ciclos biolóxicos dos seres vivos, na saúde das persoas e nos nosos mares, fonte indispensable de recursos.
Por todo isto, é necesario concienciar á poboación de que supón o cambio climático para o noso país, ubicado nunha das zonas máis vulnerables aos cambios de todo o planeta, e que podemos esperar nas próximas décadas.
Neste curso analizaranse todas estas cuestións e abordarase a problemática da súa comunicación.
A actividade permite ao estudante participar con asistencia presencial o asistencia online en directo ou diferido, sen necesidade de ir ao centro. A inscrición pode formalizarse a través da web da UNED.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22