Domingo, 16 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 27 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta inicia a rehabilitación integral do instituto Valle-Inclán de Pontevedra

Hoxe asinouse a acta de replanteo das obras para actuar na totalidade deste edificio histórico singular, no que a Consellería de Educación inviste 4,7M€

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades inicia hoxe, coa sinatura da acta de replanteo, as obras de rehabilitación integral do Instituto IES Valle-Inclán, en Pontevedra, que contan cun investimento de 4,7M€ e un prazo de execución de 16 meses.


Esta rehabilitación integral -que abrangue melloras enerxéticas, estruturais e funcionais- supón actuar na totalidade deste edificio histórico singular e redundará nun aforro de preto do 60% de enerxía no centro.


Para levar a cabo esta actuación, que é a de maior envergadura realizada neste centro desde os anos 70 e a máis ambiciosa de todos os centros educativos de Galicia nos últimos anos, a Consellería de Educación deseñou un plan de traballo que inclúe cinco fases sectorializadas. Agora, nada máis rematar as clases, comeza a primeira delas (a fase A), que se alargará ata setembro, co obxectivo de aproveitar a tempada sen clases.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.