GALICIA
A Xunta destinará 3M€ para a formación Dual adaptada nos vindeiros tres anos
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, asistiu esta semana á presentación do proxecto de Escola Profesional da Asociación de apoio ás persoas con diversidade intelectual (Aceesca) no Porriño
A Xunta de Galicia destinará tres millóns de euros para a formación de 100 persoas a través da formación dual adaptada nos vindeiros anos. Así o sinalou a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, que asistiu á presentación do proxecto de Escola Profesional da Asociación de apoio ás persoas con diversidade intelectual (Aceesca) no Porriño.
A conselleira explicou que na formación dual adaptada poderán participar persoas con discapacidade intelectual e, como novidade, amplíase tamén a persoas con problemas de saúde mental para mellorar as súa inserción laboral. Neste sentido, sinalou que a escola que hoxe deu a coñecer Aceesca permitirá consolidar a cualificación para persoas con discapacidade intelectual, que a Xunta puxo en marcha de forma piloto hai tres anos en seis centros galegos. Precisamente, acaban de graduarse os primeiros 60 alumnos desta formación que obteñen unha certificación profesional en xardinería, limpeza ou comercio.
Fabiola García apuntou que este programa enmárcase no compromiso do Goberno galego coa atención á discapacidade. Así mesmo, garantiu a continuidade do apoio da Xunta ás entidades que traballan neste ámbito no obxectivo de conseguir unha Galicia máis inclusiva e na que a discapacidade non sexa unha barreira para acceder ao emprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170