PROVINCIA
O CIFP Fontecarmoa aumenta a súa oferta de formación profesional
Os ciclos de Electromedicina Clínica ou de Formación para a mobilidade segura responden á demanda dos seus sectores e contan con grandes posibilidades de inserción laboral
O Centro Integrado de Formación Profesional Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa xa está metido de cheo na preparación do curso 23-24, no que verá reforzado de xeito notable a oferta formativa que ofrece.
Lembremos que a formación profesional pódese cursar de xeito presencial; a distancia a través de plataforma virtual; de xeito parcial completando distintos módulos; ou a través da FP dual, que supón un aumento das horas formándose dentro das empresas.
Entre as novidades destaca o Ciclo Superior de Electromedicina Clínica, en réxime dual, unha proposta única en toda Galicia e que nace das peticións do sector privado e público para unha ensinanza técnica e especializada nun campo con moita demanda de profesionais. A dirección do Fontecarmoa destaca o grande potencial deste ciclo de electromedicina clínica.
Tamén se escoitou ás empresas para a oferta en dual do Ciclo Superior de Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable, que só se impartirá en Vilagarcía e Ourense. Un ciclo dual que, entre outros eidos, servirá para formar e acreditar a monitores de autoescola.
Outras novidades en dual son o Ciclo Medio de Mecanizado ou o Superior de Procesos de Calidade na Industria Alimentaria; e volve o Ciclo Superior de Baloncesto, que se suma nas especialidades deportiva ao Ciclo Superior de Vela e ao Medio de Baloncesto.
Duplícase o Ciclo Medio de Coidados auxiliares de Enfermaría, e os seus alumnos poderán cursalo tanto pola mañá como pola tarde.
Ciclos coma o Superior de Transporte e Loxística, ou o Medio de Elaboración de Produtos Alimentarios consolidan a súa presenza pois xa se desenvolverán integramente no Fontecarmoa, que volverá ofertar a distancia e de xeito parcial o Superior de Márketing e Publicidade.
E non se pode pasar por alto os xa coñecidos Ciclo Superior de Acondicionamento Físico; Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais; Ciclo Medio de Actividades Comerciais; Superior de Automatización e Robótica Industrial; Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia; Medio de Mantemento Electromecánico; Superior de Mecatrónica industrial; Superior de Comercio internacional...
A secretaría do centro está metida de cheo no proceso de alta de alumnhas e alumnos. Os prazos de matrícula dos cursos varían segundo o curso e tipo de estudos e no caso de que sobren prazas nalgún ciclo poderá habilitarse un período extraordinario en setembro.
É tan grande o abano de cursos no CIFP que, dende a súa dirección, recoméndase aos interesados consultar no portal web https://cifpfontecarmoa.es/ ou no propio centro para descubrir todas as opcións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49