GALICIA
A Xunta prorroga a bonificación adicional do 50% no transporte público autonómico ata xaneiro
Os descontos do 50 % seguirán a funcionar no transporte interurbano de competencia autonómica, no autobús urbano de Pontevedra e de Ferrol e no transporte de ría entre Vigo e os concellos de Cangas e Moaña
O Consello da Xunta acordou hoxe manter a bonificación adicional do 50 % no transporte público autonómico ata xaneiro de 2024; dálle así o visto e prace á proposta de prorrogar, durante seis meses máis, os descontos que vén aplicando desde setembro de 2022. Dese xeito, a Xunta adopta o compromiso de seguir achegando o 20 % da bonificación total.
Esta bonificación do 50 % continuará a aplicarse no transporte interurbano de competencia autonómica, no autobús urbano de Pontevedra e de Ferrol –xa que os servizos se prestan con concesións da Xunta– e no transporte de ría entre Vigo e os concellos de Cangas e Moaña.
Ademais, este desconto seguirá a sumarse ás bonificacións que a Xunta ten activas no marco do Plan de transporte público de Galicia.
O Consello da Xunta avaliou tamén hoxe o balance da aplicación das bonificacións no transporte público autonómico desde a implantación do desconto adicional do 50 % no prezo do billete o mes de setembro do ano pasado.
A Xunta considera que, desde a posta en marcha en setembro de 2022 dese desconto adicional do 50 % e ata o pasado mes de maio, se bonificaron case 14 millóns de viaxes en transporte público, unha cifra que, previsiblemente, superará os 15,5 millóns de viaxes cando remate o mes de xuño.
Así, o balance dos nove meses desde a implantación da bonificación do 50 %, de setembro a maio, é que case o 78 % das viaxes en transporte público de competencia da Xunta recibiron descontos, grazas ao pagamento coas tarxetas de mobilidade de Galicia TMG e TMG Xente nova.
Ademais, as bonificacións activas impulsaron o uso do transporte público no conxunto de Galicia, que gañou un 28 % máis de viaxeiros entre setembro de 2022 e o pasado mes de maio fronte ao mesmo período do curso anterior. Esta recuperación da demanda aproxima o volume total de persoas usuarias ás cifras previas á pandemia da COVID-19, aínda que continúa un 13 % por debaixo.
En relación aos datos por provincias dos pasados nove meses, a da Coruña rexistrou o maior crecemento en número de viaxeiros, onde se desprazaron en transporte público preto de 2,4 millóns de usuarios máis que no mesmo período do curso anterior. Así e todo, os maiores incrementos porcentuais producíronse nas provincias de Lugo e Ourense, que rexistraron un crecemento do 38 % e do 33 %, respectivamente.
A aplicación das bonificacións activas no sistema de transporte público de Galicia supuxo un investimento público que superou os 23 millóns de euros de setembro de 2022 a maio. Do total, 21,3 millóns corresponden aos descontos por pagamento coas tarxetas TMG e TMG Xente Nova e 1,7 millóns de euros á aplicación da rebaixa nos bonos mensuais do autobús.
O Goberno galego anticipou durante este período cada 15 días as compensacións ás empresas concesionarias pola aplicación directa do desconto adicional do 50 % aos usuarios, aboando tanto os importes correspondentes á Comunidade Autónoma como as cantidades comprometidas polo Estado.
O conxunto das vantaxes tarifarias a que os usuarios acceden empregando as tarxetas de mobilidade de Galicia, especialmente desde a aplicación da bonificación adicional do 50 %, impulsaron o pagamento con estes dispositivos no autobús ata o 81 % do total das viaxes, fronte ao 55 % que supoñía o pagamento con tarxeta en agosto de 2022.
Segundo se desprende do informa avaliado hoxe polo Executivo autonómico, o desconto temporal nos prezos do transporte público acelerou tamén a emisión das tarxetas de mobilidade de Galicia, con máis de 51.000 novos dispositivos activados no último cuadrimestre de 2022 e unha media mensual de 10.600 novas tarxetas desde xaneiro de 2023, o dobre das que se viñan emitindo antes da entrada en vigor da bonificación adicional do 50 %.
Blindaxe do transporte público
O Goberno galego ten intensificado nos últimos anos a aposta polo transporte público, cuxos servizos están blindados cun investimento autonómico de máis de 90 M€ ao ano.
A Xunta, a través do Plan de transporte público de Galicia, está a lle ofrecer á cidadanía máis e mellores servizos e cunhas tarifas máis económicas e descontos que favorecen o seu uso.
No marco deste plan, as bonificacións establecidas pola Xunta a través do emprego da tarxeta de mobilidade de Galicia, TMG, dá dereito a diversos descontos, que son acumulables entre eles.
En primeiro lugar, efectuar o pagamento coa tarxeta TMG supón un 10 % de desconto sobre a tarifa en efectivo. Engádese, ademais, a bonificación por recorrencia, cun desconto do 25 % para o volume de viaxes comprendido entre 21 e 40 e realizadas no mesmo mes natural, e dun 50 % a partir das 40 viaxes.
Por outra parte, a tarxeta Xente nova permítelles aos menores de 21 anos viaxar de forma gratuíta no transporte público interurbano, competencia da Xunta de Galicia, incluíndo de forma adicional o transporte de ría en Vigo e o tren de ancho métrico en Ferrol.
De forma complementaria existen outros descontos promovidos pola Xunta, como o bono mensual, con orixe e destino en calquera concello dentro da mesma concesión. Este bono permite realizar ata 50 viaxes ao mes cun 50 % de desconto e un prezo mínimo de 50 € en traxectos de ida e/ou volta entre paraxes de orixe e destino do mesmo municipio.
Tamén está activo o bono mensual de uso ilimitado para algunhas concesións con tráficos cara ou desde algunha das localidades con hospitais cabeceira dos distritos sanitarios, cun desconto do 75 % sobre o importe do billete en efectivo correspondente a 44 viaxes e un prezo mínimo de 50 €.
O cambio na forma de pagamento dos viaxeiros, co emprego maioritario das tarxetas, contribúe á próxima posta en marcha da Área de transporte de Galicia, que estenderá a toda a comunidade o sistema de descontos das áreas de transporte metropolitano, unha iniciativa que avanza na estratexia da Xunta de Galicia de fomento do uso do transporte público.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170