Viernes, 05 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 30 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Primeira Xunta de Goberno Local da nova lexislatura en Mos

Tratáronse un total de 16 puntos na orde do día, entre eles a aprobación da selección de dúas mulleres vítimas de violencia de xénero que veñen de icorporarse á plantilla de traballadores do Concello

Esta mañá ás 08.00 horas celebrouse no salón do Concello de Mos a primeira sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local da presente lexislatura cos novos membros integrantes do equipo de goberno, a alcaldesa mosense Nidia Arévalo, e o Secretario Municipal, Carlos Piñeiro.


A orde do día incluíu un total de 16 puntos a tratar, dos cales 9 eran expedientes urbanísticos de obras, unha comunicación previa para licenza de primeira ocupación de Vivenda unifamiliar, e 6 recursos, reclamacións e outros asuntos, entre os que se atopaba a dación de conta da aprobación da selección de dúas mulleres vítimas de violencia de xénero que veñen de icorporarse á plantilla de traballadores do Concello de Mos, cun contrato de 12 meses.


Para elo a administración local mosense recibe subvención da Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia co obxectivo de seguir impulsando políticas para a erradicación da violencia sobre a muller.


Considerando que a independencia económica é clave para garantir que as mulleres en situación de violencia de xénero acaden maior estabilidade persoal, social e laboral, a presente contratación supón un paso máis na mellora da súa inserción laboral, pois articula axudas económicas ás entidades locais para fomentar a contratación de mulleres que sofren violencia de xénero e que a curto prazo non poden lograr un posto de traballo no mercado laboral ordinario.


A axuda autonómica, convocada en réxime de concorrencia non competitiva, trátase dunha subvención destinada a financiar a contratación, por parte das entidades locais galegas, de mulleres que sofren violencia de xénero, para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social, ata un máximo de 12 mensualidades, para mellorar e facilitar a súa inserción laboral.


A súa finalidade é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu empoderamento, reforzando ao mesmo tempo as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.


A contía da subvención concedida pola Xunta de Galicia á entidades local mosense é, por cada muller contratada a tempo completo, a equivalente á necesaria para sufragar durante o período de contratación, ata un máximo de 12 mensualidades, as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.