GALICIA
A Xunta incentivará ao sector da cosntrucción con contratos de obra pública por máis de 130 m€
O presidente da Xunta asiste ao acto de presentación do Clúster da Construción Galicia Constrúe en Santiago de Compostela
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a construción “é unha parte moi importante da economía e o tecido produtivo de Galicia” e que se trata dun sector que o Goberno autonómico vai seguir incentivando a través da licitación nos vindeiros de meses de contratos de obra pública por máis de 130 millóns de euros. Acompañado polas conselleiras de Infraestruturas e Mobilidade, Éthel Vázquez, e de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, asistiu a presentación do Clúster da Construción Galicia Constrúe nun acto celebrado en Santiago de Compostela.
Rueda, que subliñou a importancia de seguir contando con este sector para “construír Galicia a través da obra pública”, anunciou que nos vindeiros meses a Xunta vai licitar contratos de obra pública por un importe superior aos 130 millóns de euros. Entre os proxectos máis importantes están as primeiras pezas do novo Hospital Universitario da Coruña -nas que se investirán máis de 60 millóns de euros- ou a estación intermodal de Lugo que contará cunha partida de 22 millóns.
Á hora de promover a obra pública, Rueda destacou a importancia de que Galicia conte “cos maiores orzamentos da súa historia” así como “solidez financeira para poder pagar” e estabilidade política, “o que facilita manter os contratos”.
O presidente calificou de “magnífica nova” a decisión dos empresarios e profesionais galegos da construción de unirse a través deste clúster para procurar a modernización e innovación do sector así como mellorar a competitividade das empresas galegas e buscar solucións a retos do futuro máis inmediato como a modernización tecnolóxica, o cambio climático ou a falta de man de obra actual. O presidente lembrou que os clúster “son uns interlocutores fundamentais” que transmiten ás administracións “o sentir do sector” e logo trasladan os acordos logrados de novo as empresas e traballadores. Por iso, a Xunta destina 500.000 euros ata 2024 a apoiar aos clúster emerxentes, entre eles o da construción.
E isto súmase, segundo lembrou o presidente, a importancia da construción á hora de ordenar e vertebrar o territorio mediante novas estradas e autovías -como a que se está a construír en Tui ou a que unirá Santiago con A Estrada-, para consolidar un modelo de mobilidade sostible -participando na construción de 50 sendas peonís ou das estacións intermodais en todas as cidades galegas- ou á hora de fixar as infraestruturas precisas para velar pola calidade das augas. A Xunta investiu máis de 1.100 millóns de euros neste eido desde 2009 e prevé destinar outros 230 millóns ata 2027.
Por último, durante a súa intervención, Rueda animou ao sector, que aglutina a 8.500 empresas e 80.000 traballadores na comunidade, a seguir medrando e situar Galicia á vangarda neste eido. “En Galicia se constrúe e se constrúe moi ben desde hai anos”, sinalou o presidente, quen fixo fincapé en que “se lle vai ben á construción lle vai ben a Galicia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170