VIGO
Ana Pastor pon en valor o traballo de AFAN Vigo e lamenta o triunfalismo do Goberno central
As candidatas ao Congreso, Ana Pastor e Irene Garrido, e ao Senado, Nidia Arévalo, visitaron esta mañá as instalacións da Asociación Freijeiro de Axuda ao Necesitado en Vigo (AFAN), e puxeron en valor o traballo fundamental que está facendo en favor das persoas con dificultades económicas.
As populares lamentaron “o triunfalismo do Goberno central, afastado da realidade de moitas familias. Nós coñecemos as necesidades de quen menos ten. Asociacións como AFAN están realizando unha labor social impresionante, neste caso atendendo a máis de 6.000 familias”, sinalou Pastor.
Por iso, reclama que é fundamental eliminar as trabas que provocan que non cheguen produtos básicos, como por exemplo o leite, a estas asociacións. “Estamos con quen o necesita, e preocupados por ofrecer oportunidades. A sociedade civil debe abrir os ollos e ver a realidade do que está pasando”.
Pastor destacou que o PP aspira a unha maioría forte o 23 de xullo, “Vigo e toda a provincia necesitan oportunidades”, e recordou que o PP sempre protexe ás persoas en situación de maior vulnerabilidade, centrados no emprego, na xeración de oportunidades e reforzando a cohesión social. Por iso, engadiu, para o Goberno de Núñez Feijóo será prioritario loitar contra a desigualdade e o risco de pobreza, non como un lema máis, senón como unha política real e con feitos.
Por último, recordou que en Europa din que en España hai case un millón de persoas en paro, que non aparecen nas cifras do Goberno, e que hai outro millón que só traballan a tempo parcial. “Esta é a realidade, e moitos deles son mozos. No PP apoiamos e apostamos polos mozos do noso país, pero o que non imos facer nunca é intentar comprar o seu voto. A mocidade sabe que o que necesita é educación, emprego e oportunidades, non cartas aos Reis Magos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217