Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 04 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ana Pastor: “Temos un compromiso de 27M€ para as infraestruturas máis importantes que necesita Ponteareas”

Recorda que o Goberno do PP deixou en marcha proxectos e cantidades asignadas nos orzamentos xerais para a circunvalación e melloras na N-120: “Pedro Sánchez nestes cinco anos non fixo absolutamente nada”

A candidata ao Congreso, Ana Pastor, anunciou esta mañá que “o PP ten un compromiso de 27M€ para as infraestruturas máis importantes que necesita Ponteareas, como son a circunvalación e melloras na N-120”. Foi durante o encontro que mantivo con representantes da Plataforma N-120, na que tamén participaron os candidatos populares ao Senado, Nidia Arévalo e Andrés Sampedro, así como a alcaldesa, Nava Castro.

 

Pastor recordou que ese compromiso é real, porque xa o cumpriu cando o PP gobernaba, con proxectos e reservando 27 millóns nos Orzamentos Xerais do Estado, pero que Pedro Sánchez incumpriu en canto chegou ao Goberno. “Non hai dereito a que nestes cinco anos de Goberno de PSOE e Pedro Sánchez non se fixera absolutamente nada nesta estrada nacional. O PP deixou proxectos en marcha e cantidades asignadas nos orzamentos xerais, e non fixeron nada”, denunciou. Ademais, a popular recordou que os deputados do PP presentaron cada ano emendas aos orzamentos para incluír partidas para estes proxectos, “e a todos estas propostas, o PSOE sempre votou en contra”.

 

Por iso, di que a única garantía para que estes proxectos sexan unha realidade é que Feijóo sexa o próximo presidente de España. “Si a cidadanía nos dá o seu apoio, regresaremos de inmediato a Ponteareas para ver o inicio destas obras tan necesarias”, asegurou. “O PP preocúpase polos problemas das persoas. Fixémolo cando estabamos no Goberno, e Feijóo volverá a facelo a partir do 23 de xullo. Non se pode deixar aos veciños sen solucións”.

 

Tamén José Luis Campos, en representación da Plataforma N-120, recordou que co Partido Popular no Goberno central reserváronse 27 millóns de euros para a circunvalación e para a reforma da estrada nacional, e por iso reclama “retomar o diálogo e recuperar esa cantidade para os orzamentos xerais do Estado. Queremos evitar máis accidentes e máis mortes”.

 

Unha problemática á que se referiu Andrés Sampedro, veciño de Ponteareas e que concorre na candidatura do PP ao Senado. “É urxente dárlle solución a unha problemática que sufrimos desde hai anos. Esta nacional soporta un tráfico intenso, cunha media de 17.000 vehículos diarios e cunha poboación moi importante a pé de estrada. Levamos cinco anos perdidos. Co PP había proxecto e orzamento, e cinco anos despois non temos nada”.

 

Por último, Nidia Arévalo afirmou que “hoxe non hai unha nova estrada segura en Ponteareas porque Sánchez chegou ao Goberno e o PSOE se encargou de paralizado”. Fronte a isto, engadiu, “Feijóo coñece de primeira man esta estrada e a súa perigosidade. O compromiso é real”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.