Martes, 11 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 09 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño celebra as súas festas patronais na honra a San Benito

O barrio vestirase de festa os días 10 e 11 de xullo

O Concello do Porriño celebra os días 10 e 11 de xullo unha das súas festas patronais: a Festa de San Benito.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado por concelleiros/as e veciñas/os do barrio, presentou hoxe a programación e animou a toda a veciñanza do Porriño e dos concellos da contorna a visitar a vila e “disfrutar xunto coa xente de San Benito destas festas tan nosas e con tanto arraigo”.


A programación arrancará o luns 10 de xullo, a partir das 22 h, coa  verbena a cargo do grupo Distrito 7 e a Orquestra Miramar. A música continúa o martes 11 de xullo ao mediodía, da man da Agrupación Musical do Porriño e sigue a partir das 20h coa banda de gaitas Os Zoqueiros. Xa pola noite, o Grupo Assia e o Grupo América de Vigo poñen a guinda as festas.


Como é costume, as festas estarán marcadas tamén polos actos relixiosos, que culminan o martes ás 12h na Igrexa Maior Santa María do Porriño coa misa e posterior procesión, amenizada pola banda da Agrupación Musical do Porriño. Unha vez rematada celebrarase a tradicional subasta, desta vez en beneficio da AECC.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.