Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 17:41:02 horas

Xornal21.es
Sábado, 08 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

O Concello de Nigrán disporá esta semana dun novo leiraparking gratuíto

"Quedaba a posibilidade de continuar un ano co contrato prorrogado pero os donos esixían unhas novas condicións económicas que o Concello non pode asumir", xustifica o alcalde ante a petición de suba de 6.137€/ano a 25.000€

O Concello de Nigrán diporá ao longo desta fin de semana dun novo leiraparking público e gratuíto ante o cese do alugueiro do actual na rúa Torriña. Este outro aparcadoiro dispón de 1.200 m2, atópase na rúa Vilaméan (a menos de 200 metros da Casa Consistorial e onde se situaba precisamente o primeiro leiraparking municipal que tivo o Concello) e estará finalizado esta fin de semana.

 

"Quedaba a posibilidade de continuar un ano máis co contrato prorrogado pero os donos esixían unhas novas condicións económicas que o Concello non pode asumir", xustifica o alcalde, Juan González, ante a petición de suba de 6.137€/ano a 25.000€. Este leirapaking da rúa Torriña pechou as súas portas hoxe mesmo ao reclamar os propietarios en tempo e forma a rescisión da prórroga e ofrecerlle ao Concello unhas novas condicións económicas que cuadriplicaban o prezo tasado que se asinara no contrato do 4 de xuño de 2020 (cando comezou a funcionar). "Lamentamos as molestias que ocasionará este peche durante esta semana, tiñamos a esperanza de que aceptasen a nova prórroga pero non foi así e, por sorte, dispomos de alternativa nun espazo municipal igual de céntrico", explica González, quen avanza que "adicionalmente" desde o Concello están na procura de novos espazos.

 

"Ter un espazo gratuíto de aparcamento disuasorio no centro urbano de Nigrán é algo indispensable porque beneficia a toda a veciñanza e repercute directamente no comercio da zona, máxime agora en tempada estival que multiplicamos a poboación e se agrava o problema de aparcar", engade. 

 

Este leiraparking súmase ao aparcadoiro público e 100% gratuíto da Ramallosa (rúa Argonautas, ao carón da piscina) que o goberno local conseguíu remunicipalizar mediante a súa xestión directa e abrir en xaneiro de 2022 tras 5 anos pechado. Ademais, o rexedor subliña o Nigránbus como outra medida de mobilidade sostible, operando por vez primeira este verán e que conecta as parroquias do interior cos principáis núcleos urbanos, "unha medida que busca precisamente que deixemos o coche na casa e nos movamos en transporte colectivo", sintetiza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.