Redacción / Xornal21.es
Viernes, 07 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
Vigo
Recortes Cero en apoio aos tendeiros, as pemes, autónomos e consumidores
Concéntrase no Mercado do Calvario baixo o lema: “Non son os tendeiros, son os banqueiros”.
Mañá, sábado, 8 de xullo, Recortes Cero organiza actos simultáneos nos mercados de diferentes cidades do país en apoio aos tendeiros, as pemes, autónomos e aos consumidores baixo o lema: “Non son os tendeiros, son os banqueiros”.
A formación política reivindicará desta maneira que a suba dos prezos non é culpa das pemes, autónomos ou pequenos empresarios, senón dos grandes monopolios da alimentación, os bancos e as eléctricas, os que “aumentan a marxe de beneficios e están a obter beneficios récord” actualmente.
Recortes Cero presentará nos actos o seu Plan de Urxencia contra a Inflación, incluído no seu programa electoral para o 23J, con medidas como un tope no prezo de máis de mil alimentos básicos e unha suba de impostos a bancos e eléctricas para poder baixarllos a pemes e autónomos, e poder financiar así “un bono eléctrico” para abaratar os custos de produción.
Os actos serán en mercados de barrios populares nas cidades de Vigo, Valencia, Alacante, Madrid, Barcelona, Zaragoza, Bilbao, Málaga, Almería, Xaén, Córdoba, Galicia, Xixón, As Palmas e Tenerife.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217