Jueves, 04 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 08 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Avanza a bo ritmo a humanización de San Rafael en Pereiras

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, atópase realizando unha ronda de supervisión de todas as grandes obras en marcha no municipio, cuxa inversión total chega aos 4 millóns de euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, o de Urbanismo, José Ramilo, o edil da parroquia de Pereiras, Leo Costas, e o de Alumeado Público e Eficiencia Enerxética, Evaristo Ucha, visitaron onte as obras do proxecto de humanización interior da urbanización de San Rafael en Pereiras, que avanzan a bo ritmo e cuxa finalización está prevista para antes de que remate o presente ano 2023.


Neste importante proxecto de humanización Xunta de Galicia e Concello de Mos invisten máis de 1,2 millóns de euros que permitirán a reforma integral da urbanización de San Rafael, na parroquia de Pereiras. A tal fin a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, asinaron o correspondente convenio de colaboración.


A intervención neste barrio de vivendas construídas a finais dos anos 50 ten como obxectivo mellorar a accesibilidade entre os edificios residenciais e os dotacionais a través de distintas actuacións, como, por exemplo, a substitución do pavimento asfáltico e redimensionado dos viarios para mellorar a seguridade viaria; o soterramento das redes de enerxía eléctrica en baixa tensión e telefonía; a construción dunha nova rede de pluviais, e a renovación e ampliación da rede de alumeado.


A maiores, o proxecto, financiado nun 70% pola Xunta e nun 30% polo Concello, tamén prevé a introdución de especies vexetais, a instalación de mobiliario urbano -luminarias, bancos e papeleiras- así como a mellora da sinalización vertical e horizontal.


Esta actuación executarase ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa de apoio ás entidades locais galegas posto en marcha pola Xunta no ano 2010 co obxectivo de promover actuacións que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida da súa veciñanza. O Concello de Mos xa se beneficiou con anterioridade desta iniciativa para mellorar a pavimentación da urbanización de San Eleuterio e para humanizar a contorna parroquial de San Mamede.


Así mesmo rexedora local e tenente alcalde e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, están a realizar estes días un percorrido de supervisión de todas as grandes obras que se atopan en marcha nestes intres no municipi e que, entre todas, suman un investimento de preto de 4 millóns de euros.


Trátanse da Senda Peonil e Cicloturista Alto de Barreiro-Santiaguiño cuxo orzamento supera o millón de euros, a nova senda peonil desde o Centro Cultural de Guizán ao Cruce do Moreno (segunda fase da humanización da Estrada Louriñó-Sobráns) cun investimento de 657.456,66 euros, a senda Senda Foxo Vello en Pereiras na que o orzamento do proxecto supera os 400.000 euros, o xa citado Hurbe de San Rafael de humanización interior da urbanización cunha inversión que supera o millón de euros, a mellora da seguridade viaria no Camiño da Cachada que o Concello financia con fondos investindo preto de 200.000 euros, e a senda fluvial do Río Louro que alcanzará os 5 quilómetros de lonxitude unha vez a cometida a 3ª fase en proxecto e da que, actualmente atópase en execución, desde decembro do ano pasado, a 2ª fase, cun orzamento de 200.000 euros. A maiores está a piques de comezar a 1ª Fase da mellora da seguridade viaria e peonil da EP-2601 Mos-Puxeiros cun orzamento total de 446.545,39 €.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.