Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 09 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Os campamentos da Lanzada reúnen na súa terceira quenda a 140 menores de 35 concellos

A rapazada participará en diversas actividades lúdicas e formativas ao longo de seis días nas instalacións da Deputación na Lanzada

Os campamentos de Depo Aventura A Lanzada reunirán na súa terceira quenda a partir deste domingo 9 de xullo a 140 nenas e nenos de 35 concellos da provincia. Ao longo de sete días desenvolverán múltiples actividades lúdicas e formativas para o seu enriquecemento persoal e tamén de coñecemento de lugares fóra da contorna habitual. Neste verán e ata o 9 de setembro, serán en total 1.540 menores de 58 concellos da provincia os que participen nas once quendas en que se dividen os campamentos.

 

Nesta terceira quenda de Depo Aventura A Lanzada participan 70 nenas e 70 nenos, todas e todos elas/eles nadas/os entre os anos 2010 e 2015. Proceden de Vigo (31); Vilagarcía (11); Nigrán (10); Pontevedra (9); O Porriño (7); Ponteareas (6); A Estrada (6); Vilanova de Arousa (6); A Cañiza (5); Salceda de Caselas (5); Mos (4); Lalín (3); Pazos de Borbén (3); A Illa de Arousa (3);Cangas (3); Marín (3); Tomiño (2); Oia (2); Redondela (2); A Guarda (2); Cerdedo-Cotobade (2); Meaño (2); Baiona (1); Caldas de Reis (1); Salvaterra (1); O Rosal (1); Sanxenxo (1); Portas (1); Poio (1); Arbo (1); Gondomar (1); Ribadumia (1); Cuntis (1); Ponte Caldelas (1) e Tui (1).

 

Ao longo do campamento, a Deputación ofrécelles ás nenas e nenos un programa de actividades baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia”, destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a inclusión, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza e a dinamización e coñecemento multicultural da contorna. Amais, as e os nenos realizarán o tradicional obradoiro para elixir a mascota oficial deste programa provincial e, entre as moitas iniciativas programadas no marco de Depo Aventura 2023, inclúese unha visita á Illa de Ons e unha segunda excursión relacionada coa natureza e o coidado do medio ambiente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.