Vigo
Carlos Botana novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo
Rueda destacao coma o perfil ideal para impulsar a competitividade e a capacidade loxística do Porto de Vigo
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou este venres o perfil do novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, como ideal para impulsar a competitividade e capacidade loxística das terminais portuarias viguesas. No acto de toma de posesión, fixo fincapé na experiencia e coñecemento de Botana sobre esta institución. “É unha aposta valente encabezar unha organización da que formou parte, da que coñece todo, as fortalezas e as debilidades”, subliñou o presidente.
Rueda destacou a capacidade de diálogo e de “intentar buscar consensos” que caracteriza a Botana e subliñou que asumirá os retos do presente e futuro máis inmediato dunha institución “que non só é importante para Vigo senón para toda Galicia”. A Autoridade Portuaria ten un rol fundamental na construción do Vigo do futuro e á hora de reclamar o cumprimento dos compromisos co porto e a súa área de influencia.
Deste xeito, é preciso a continuidade do peirao vigués como plataforma exportadora clave nos récords rexistrados por Galicia ano a ano, ou infraestruturas loxísticas como o Corredor Atlántico, logo de quedar fóra do reparto de fondos europeos. Pero ademais, Rueda destacou que será tamén tarefa de Botana xestionar o porto tendo en conta “aspectos medioambientais, sociais ou a importancia do turismo”.
Botana ten unha ampla experiencia en cuestións medioambientais con diferentes fitos acadados no seus cargos como xefe de Operacións e como responsable de Sustentabilidade da Autoridade Portuaria. Entre eles, cómpre destacar a estratexia Blue Growth, de crecemento azul: un plan innovador premiado internacionalmente e recoñecido polo seu potencial para captar fondos europeos.
Finalmente, Rueda incidiu en que unha institución integrada na Administración do Estado, que ten vínculo coa Xunta e moi influínte a nivel local está destinada a cooperar. Nesta liña, destacou a intención de que os peiraos galegos constitúan “unha rede de portos para combinarse co resto de dársenas estatais”. “Isto vai ir en beneficio de todos”, resaltou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217