Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 08 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ana Pastor sinala que é urxente acadar medidas para loitar contra a inflación e o empobrecemento das familias

Os populares propoñen a baixada inmediata do IVE da carne, do pescado e das conservas para aliviar a carga que supón a inflación nos petos das familias.

A número 1 do Partido Popular de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, denunciou hoxe que as familias son máis pobres desde que goberna Pedro Sánchez. “A deriva do sanchismo lévanos a unha situación complicada, porque hoxe somos máis pobres que hai cinco anos. Temos menos poder adquisitivo, e unha compra que antes custaba 50 euros, hoxe nos vale case o dobre”, sinalou a candidata durante a visita que fixo esta mañá a Ponteareas, onde percorreu as rúas do centro acompañada pola alcaldesa Nava Castro e os candidatos ao Senado, Nidia Arévalo e Andrés Sampedro,

 

Nesta liña, subliñou que unha das primeiras medidas que tomará o Goberno de Núñez Feijóo para recuperar o poder adquisitivo perdido polas familias será deflactar o IRPF, baixar o IVA das carnes, pescados e conservas, e recuperar temporalmente a dedución por adquisición ou rehabilitación de vivenda.

 

Por iso, pediu o voto “a todas as persoas que queren que as cousas cambien, que creen que chegou o momento de ter tranquilidade, de deixar atrás os enfrontamentos e sobre todo, que queren políticas que cheguen a todos os territorios e cidadáns”.

 

Durante o percorrido, tivo ocasión de explicar á cidadanía que o modelo do PP ofrece menos impostos, máis emprego, máis e mellores servizos públicos e maior crecemento económico. Nesta liña, os populares recordaron que é un modelo que xa coñecen e que xa está funcionando en Galicia, e que se porá en práctica en toda España a partir do 23 de xullo. “Outro modo de gobernar é posible. Hai dúas opcións: votar a Núñez Feijóo ou votar ao Sanchismo e ao Goberno Frankenstein que tantos desgustos, desazón e enfrontamentos provocou”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.