Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 10 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Concello e policía local establecen as principais liñas de actuación en materia de seguridade

A alcaldesa, Nava Castro, e o concelleiro de Seguridade, Francisco Represas, mantiveron un encontro con todo o persoal do departamento da Policía Local

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o concelleiro de Seguridade, Francisco Represas, mantiveron a pasada semana unha reunión con todo o persoal do departamento da Policía Local, que na actualidade está conformado por 15 policías locais, unha policía local en prácticas, un oficial e unha praza de persoal administrativo.

 

Durante o encontro, a rexedora debullou ante o equipo as principais liñas de actuación que se manterán durante os vindeiros catro anos en relación coa seguridade cidadá en Ponteareas e recolleu as demandas trasladadas polas e polos axentes co obxectivo de seguir mellorando este servizo imprescindible para a vila.

 

Nava Castro amosou o seu compromiso coa modernización tecnolóxica e a mellora das dependencias empregadas pola Policía Local e trasladou ao cadro de persoal que se iniciarán de forma inmediata as xestións para acadar melloras para levar a cabo o seu adestramento físico nas instalacións deportivas da vila.

 

A alcaldesa resaltou a importancia de contar cun corpo de Policía Local eficiente e preparado e a necesidade de dotar ao departamento dos recursos necesarios para que poidan seguir velando pola seguridade e benestar de veciños e veciñas de forma óptima. “Queremos brindar ás e aos ponteareáns unha contorna segura na que poidan desenvolver a súa vida cotiá con tranquilidade e para iso é fundamentar contar cunha Policía Local que dispoña de todas as ferramentas e o apoio necesarios”, recalcou Nava Castro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.