Vigo
Amplíase ata o 15 de setembro o servizo de baño para persoas con discapacidade
O Concello amplía o servizo de baño nos areais de Samil e O Varo para persoas con discapacidade ata o 15 de setembro. Abel Caballero achegouse á presentación do servizo onde dous persoas con mobilidade reducida utilizaron as dúas cadeiras anfibias, dispoñibles todos os días de 11 a 14 e de 16 a 20 horas.O Concello pon a dispor a 5 persoas para colaborar no acceso e saída da praia, a utilización da cadeira anfibia e as muletas adaptadas. Tamén as entidades que contan con técnicos propios poden solicitar a cesión da cadeira anfibia.
O alcalde di que o servizo “ten moita demanda” e augura que próximo verán comezará “15 días antes”: “A discapacidade non pode ser unha limitación”, declarou Caballero.
Pulseiras para menores
O Concello tamén pon en marcha un ano máis o servizo de pulseiras en menores nas praias para a súa seguridade. Segundo explicou o alcalde, na pulseira aparece o nome do neno ou nena e o número de teléfono dos acompañantes á praia. Deste xeito, as familias recibirán a chamada do servizo de salvamento e seguridade en caso de perderse. Estas pulseiras poden recollerse nos 12 puntos de socorrismo e seguridade habilitados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217