Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 11 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López reivindica no seu primeiro acto oficial como presidente da Deputación a importancia do traballo conxunto

O presidente participou na presentación do festival PortAmérica onde situou á cultura, ao turismo e á sostibilidade como elementos clave para a Deputación

Primeiro acto oficial como presidente da Deputación para Luis López, que acaba de participar na presentación da nova edición de PortAmérica xunto ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, ao director xeral da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles e representantes do ámbito privado como Juan Martínez Inchausti, responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia, e do sector cultural como Kin Martínez Silva, director do festival e de Esmerarte.  No acto, o presidente subliñou a importancia do traballo conxunto para “avanzar e construír unha provincia próspera e con futuro” e relacionou os “puntos fortes” de PortAmérica, entre os que situou a promoción da cultura, o turismo e a sostibilidade, cos elementos clave para a Deputación.

 

“Este festival e este acto exemplifican con claridade cal quero que sexa a miña folla de ruta e liña de traballo destes catro anos que veñen por diante” destacou o presidente para poñer en valor a colaboración entre administracións e co sector privado que se exemplificou na presentación da nova edición de PortAmérica. “Todos –asegurou- remando na mesma dirección, que non é outra que impulsar e potenciar a nosa industria cultural que, neste caso, vai unida ao turismo, un dos grandes motores económicos da nosa provincia”. Neste aspecto, López adiantou que a promoción da industria cultural será un dos grandes retos nos que se vai centrar o novo goberno provincial, así como o impulso aos sectores económicos da provincia como é o caso do turismo. “Somos o principal destino turístico de Galicia e imos traballar arreo para ser, se cabe, máis competitivos do que xa somos”, asegurou, ao tempo que manifestou que non se perderá de vista o compromiso coa contorna natural, “porque as consecuencias do cambio climático están aí e non poden permanecer alleas ás políticas públicas”. E, para conseguilo, o presidente apelou á colaboración entre institucións e entre o sector público e privado para “dar respostas e solucións ás demandas da cidadanía e construír unha provincia con máis oportunidades”.  

 

PortAmérica
PortAmérica trátase, tal e como remarcou Luis López, dunha das citas galegas “por excelencia” do calendario estival. Deste xeito, o presidente enxalzou a ampla oferta musical do festival, a súa proposta gastronómica a través do aclamado “Showrocking” e o compromiso que ten o evento coa sostibilidade a través de iniciativas como “Unha entrada, unha árbore”. “Sobran –asegurou- os motivos para acudir a Portas entre o 13 e o 15 de xullo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.