Vigo
As axudas da Xunta para mellora de infraestructuras turísticas mobilizarán un millón de eurosna área de Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este martes as instalacións do Hotel Maroa no centro da cidade olívica
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, fixo este martes un percorrido polas novas instalacións do Hotel Maroa da cidade olívica tras a reforma que se está a acometer nos últimos meses coas achegas da Axencia de Turismo de Galicia, aprobadas de forma provisional para a mellora das infraestructuras turísticas da comunidade autónoma.
Durante a visita, a representante autonómica destacou a “importante mobilización” de fondos para a renovación de establecementos hoteleiros e de restauración da área viguesa. “Estamos ante un bó exemplo do apoio da Xunta á mellora das infraestructuras dun sextor estratéxico como é o turismo na nosa cidade e a súa contorna”, sinalou.
Ana Ortiz explicou que un total de dezasete empresas -doce hoteis e cinco restaurantes- presentaron proxectos para recibir achegas e que a resolución comunicarase nos vindeiros días aos beneficiarios. No caso de Vigo, solicitaron axudas os aloxamentos Camping Illas Cíes e os hoteis Gran Vía, Cidade de Vigo, Axis Vigo, Maroa, Coia e Pazo dos Escudos. Tamén os restaurantes Central Pork e Illas Cíes.
Ademais, no resto da área viguesa tamén presentaron os seus proxectos os hoteis Rodeiramar e Hollywood (Cangas), Prado Viejo e Bienestar (Moaña) e A Anunciada (Baiona), así como os restaurantes Los Abetos (Nigrán), Ovella Negra (Moaña) e La Renovadora (Pazos de Borbén).
A Axencia de Turismo de Galicia resolveu de forma provisional as axudas de mellora de infraestruturas turísticas cun orzamento total no conxunto da comunidade de 3,5 millóns de euros, divididos en dúas liñas. Por unha banda, achegas para aloxamientos, cun importe de 2,6 millóns de euros, e por outra banda, para restauración con 788.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217