Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Xornal21.es
Miércoles, 12 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

David Regades destaca dende o Val Miñor os Fondos Europeos para turismo sostible e rehabilitación patrimonial

Máis de 11 millóns de euros impulsan proxectos en Baiona, Nigrán e Gondomar; “o que non están a chegar son os fondos europeos que xestiona a Xunta”, subliñou o candidato ao Congreso

Os fondos Next Generation están a converterse nunha panca de transformación dos concellos, impulsando proxectos turísticos do século XXI e tamén a recuperación do patrimonio e de edificios municipais. O Val  Miñor é un bo exemplo disto e así o recalcou o candidato ao Congreso polo PSdeG-PSOE, David Regades, acompañado do ex-alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e os alcaldes de Nigrán, Juan González, e Gondomar, Francisco Ferreira, nunha visita á contorna de Santa Liberata, en Baiona.


“Só en fondos turísticos ou de rehabilitación de inmobles hai máis de 11 millóns de euros de fondos europeos investidos no Val Miñor gracias á acción do Goberno de España e da Deputación durante a etapa de Carmela Silva, na que a Administración provincial converteuse en referencia de captación de fondos para os concellos”, afirmou Regades.


“Está claro que os fondos europeos que logrou o Goberno de Pedro Sánchez en Europa chegan aos concellos para actuacións de sostibilidade turística, eficiencia enerxética, rehabilitación de edificios, impulso ao despregamento da fibra óptica e rehabilitación de edificios; o que non están a chegar aos concellos é un só euro dos fondos europeos que manexa a Xunta de Galicia e que supoñen xa boa parte dos Orzamentos autonómicos para este ano 2023”, engadiu.


Dende Baiona subliñou os máis de 9 millóns de euros que permitirán a moderrnización das instalacións do Parador de Turismo, pero tamén a execución dun Plan de Sostibilidade Turística en Destino que, entre outras accións, inclúe a reurbanización de toda a contorna de Santa Liberata, a implantación da mobilidade sostible a través dunha rede de bicicleta eléctrica e un roteiro de sendeirismo entre as parroquias baionesas. “Son obras que pronto serán realidade e débense ás xestións de Carlos Gómez e ás convocatorias abertas aos concellos convocadas polo Goberno de España”, afirmou Regades.


A estes investimentos súmanse os acometidos en Nigrán, tamén cos fondos europeos, como o proxecto piloto de praia intelixente en praia América, que xa permitiu a instalación de sensores para recollida de metadatos sobre aforo, recollida de residuos e consumo de auga. Un proxecto europeo liderado pola Deputación. Ademais, referiuse aos case 150.000 euros para a rehabilitación do faro de Canido, logrados polo Concello no plan estatal de rehabilitación de edificios públicos (PIREP).


Tamén Gondomar logrou subvencións deste plan, por un importe superior aos 1,5 millóns de euros, para a rehabilitación interior e mellora da eficiencia enerxética nos dous inmobles do Centro de Desenvolvemento Local, situado no antigo colexio García Márquez.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.