Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 14 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas contrata o servizo de baleirado de pozos negros e fosas sépticas

O servizo sae a licitación por case 55.000 euros e encargarase da retirada de residuos procedentes de vivendas unifamiliares, centros socio-culturais ou casa de turismo rural situados en parroquias sen saneamento

O Concello de Ponteareas reforza os servizos nas parroquias coa contratación do baleirado de pozos negros e fosas sépticas de augas residuais domésticas procedentes de vivendas unifamiliares, centros socio-culturais ou casas de turismo rural situados en parroquias ou lugares sen saneamento.

 

O servizo sae a licitación por un importe inicial de case 55.000 euros e incluirá un mínimo de 200 baleirados anuais de 9.000 litros de residuos cada un. En caso de que a fosa séptica a baleirar conteña máis desa cantidade, a persoa propietaria deberá tramitar unha nova solicitude e pagar un novo prezo público para baleirar outros 6.000 litros extra, xa que o límite máximo está situado nos 15.000 litros por ano.

 

Con esta contratación darase servizo ás vivendas situadas principalmente nas parroquias de Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fozara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Oliveira (San Lorenzo), Padróns, Paredes, Pías, Ribadetea, San Mateo de Oliveira e Santiago de Oliveira, así como a aquelas con algunhas zonas nas que non se dispón de rede de saneamento, como Angoares, Arcos, Areas, Arnoso, Bugarín, Prado e Xinzo.

 

Dende o Concello repítese a licitación para poder cumprir con todos aqueles veciños e veciñas que xa abonaron o servizo pero que non chegaron a recibilo.

 

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 20 de xullo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.