GALICIA
A Xunta felicita ás 7 entidades locais polo esforzo da súa veciñanza na reciclaxe
A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, participou hoxe na entrega de premios da campaña impulsada por Ecoembes
A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, acompañada por responsables de Ecoembes, felicitou hoxe aos concellos que lograron o obxectivo de incrementar a reciclaxe de plásticos, latas e briks nos seus respectivos municipios con respecto a 2022, no marco da campaña Únete ao reto.
Na cuarta edición desta iniciativa, impulsada por Ecoembes co apoio da Xunta, recompensouse o esforzo realizado polas 7 entidades locais —Melide, Arzúa, Mos, Salvaterra de Miño, Silleda, Nigrán e a Mancomunidade da Limia— que participaron na iniciativa entre os meses de abril e xuño co obxectivo de mellorar as cifras de recollida selectiva destes residuos. En total, repartíronse 9.000 € en premios, e os concellos deberán destinar a contía que lle corresponde a unha causa social da súa elección.
Concretamente, as 7 entidades recoñecidas incrementaron as súas cifras de recollida nun 13,2% de media con respecto ao mesmo período do ano anterior, isto é, entre o 3 de abril e o 30 de xuño. Silleda foi o concello que mellores números acadou, razón pola que se elixiu o mosteiro de Carboeiro, situado neste municipio, como lugar para realizar a entrega de premios. No seu caso, a porcentaxe foi de case un 27%.
Accións de sensibilización
Durante o acto, Sagrario Pérez eloxiou o compromiso das entidades locais e dos cidadáns coa reciclaxe, destacando o esforzo realizado para aumentar as súas aportacións de latas, briks e envases de plástico, como mínimo, nun 10% con respecto ao mesmo espazo de tempo o ano anterior.
Así, no período da campaña, cada concello participante contou cun amplo programa de accións a pé de rúa, comunicacións en medios, publicidade exterior e en redes sociais co obxectivo de concienciar á veciñanza.
Nesta liña, a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático puxo en valor a participación de entidades locais en iniciativas como esta para mellorar a reciclaxe de envases a través do seu depósito no contedor amarelo e, tamén, para concienciar á cidadanía da importancia de continuar a separar correctamente os residuos domésticos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170