Viernes, 24 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 23 de Abril de 2026 a las 21:26:54 horas

Xornal21.es
Viernes, 14 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

Remata a primeira quenda do campamento de verán Igual É +

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, agasallaron con camisetas aos nenos e nenas participantes

A primeira quenda do campamento de verán Igual É +, 2023 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade, remata este venres día 14.


O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Igualdade, Ana María Núñez, compartiron hoxe uns minutos cos nenos e nenas interesándose polas actividades que realizaron estes días e entregándolles unhas camisetas de agasallo.


Durante estas dúas semanas os e as participantes realizaron actividades de auga, xogos populares e de equipo, xincanas polo centro de Tui, piscina, unha ruta polo Parque Natural do Monte Aloia ou kaiak no río Miño, entre outras.


O próximo luns 17 de xullo comezará a segunda quenda, que se prolongará até o 31 deste mes; a terceira será entre o 1 e o 14 de agosto; e a cuarta dende 16 até o 31 de agosto.


Lembrar que os e as participantes deberán levar roupa cómoda, unha mochila co seu nome, merenda, unha botella de auga, protección solar e gorra. O Pavillón Gustavo Rodríguez é o punto de entrega e recollida dos nenos e nenas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.